Facua Galicia celebrou a sua asemblea de socios

FACUA Galicia a asociación de consumidores en Galicia  celebrou o seu II Asemblea Xeral de Socios o pasado sábado 26 de maio. Nesta segunda convocatoria anual na súa traxectoria, a asociación celebrou tamén unha Asemblea extraordinaria para modificar os seus estatutos. O acto celebrouse no Centro de Convivencia Maruja Mallo, en Lugo.

A asociación aprobou as Contas Anuais e a Memoria de Actividades do ano 2017, así como o orzamento para o exercicio 2018 e o programa de actividades para este ano. Na reunión extraordinaria posterior, FACUA Galicia aprobou a modificación dos estatutos co fin de homoxeneizalos co resto das organizacións integradas no proxecto FACUA.

FACUA Galicia pechou o ano 2017 cun total de 9.661 asociados, dos cales 1.549 son de pleno dereito, que abonan unha cota anual, e 8.112 adheridos. O traballo realizado por FACUA Galicia no último ano permitiu estender ao catro provincias galegas a presenza da asociación, cuxa sede central se atopa en Lugo, incorporando á xunta directiva a representantes de todas elas e mediante a creación de delegacións provinciais na Coruña, Ourense e Pontevedra.

En 2017, os consumidores galegos realizaron 2.231 consultas e reclamacións en FACUA, tanto no seu local da rúa Ramón Montenegro 3, en Lugo; como a través do seu teléfono ao consumidor 982 808 726 ou do portal web FACUA.org.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O sector con máis reclamacións expostas polos consumidores galegos no pasado ano foi a banca, cun 55,8%; seguido da automoción, cun 17,1% e en terceiro lugar, as telecomunicacións, cun 6,6%.