Galicia perde catro bandeiras azuis en praias en 2018 pero segue no segundo posto

Galicia perde catro bandeiras azuis en praias pero volve situarse no segundo posto, con 109 en 2018
Recibe 15 para portos deportivos, tres menos que o ano pasado; pero é a primeira con 23 distincións para carreiros

Nesta nova edición 2018, Sanxenxo (Pontevedra) volve a repetir a posición como o concello galego e do conxunto estatal con máis bandeiras azuis, con un total de 13.

Na Coruña, as novidades deste ano son Mañons, en Boiro; Razo, en Carballo; e Oza, na Coruña. En Lugo, Ou Portelo, en Burela; e Areoura, en Foz; e en Pontevedra, Santa Marta, en Baiona; e Areas e Caneliñas, en Sanxenxo.

Contando praias e portos deportivos (15, tres menos que o pasado ano), son 124 as bandeiras azuis con que contará Galicia. Reciben esta distinción en Pontevedra Monte Real Club de Iates de Baiona, o porto de Moaña, o de Cangas do Morrazo, o Juan Carlos I (Sanxenxo), o de Portonovo (Sanxenxo), porto Pedras Negras-C.N. San Vicente do Mar (O Grove).

Na Coruña, correspóndelles tamén bandeira azul ao C.N. Boiro-Mariña Cabo de Cruz, porto de Muxía, R.C.N. Portosín (Porto do Son), C.N. de Camariñas, R.C.N. A Coruña-Mariña Real, C.N. Sada e C.N. Ría de Ares. Por último, en Pontevedra, percíbea Mariña Viveiro P.D. Ribadeo.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a adecuada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e as dársenas.

CARREIROS E CONCELLOS CON BANDEIRA AZUL

A maiores, a comunidade galega álzase coa primeira posición en canto a carreiros azuis, xa que suma 23 itinerarios que enlazan praias ou portos con bandeira azul.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Por último, a Xunta felicita aos concellos de Bueu, Sanxenxo, Illa de Arousa, Vigo, Redondela, Marín, Oleiros, Boiro, Muros, A Laracha, Camariñas, Burela e Cervo, polo seu recoñecemento como centros azuis.

Deixa unha resposta