Galicia pide mais pediatras en atención primaria

A necesidade de incrementar os pediatras en Atención Primase nos centros de saúde galegos é unha cuestión que os profesionais levan denunciando desde hai tempo. Ante esta situación, a Consellería de Sanidade Galega pediu un aumento das prazas MIR de Pediatría ao Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Solicitáronse un total de 26 prazas MIR para Pediatría.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Así, o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña explica que na súa petición a Carmen Montón, ministra de Sanidade, contémplase a acreditación de seis vacantes para formar a residentes de Pediatría, xa que actualmente a comunidade conta con 20 prazas MIR para a dita especialidade. No documento enviado ao Ministerio, as acreditacións reclámanse para as unidades docentes dos complexos hospitalarios de Vigo, A Coruña, Lugo e Ourense

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta