Galicia podería ter sido Portugal

Galicia podería ter sido Portugal

O incendio que asolou Portugal estes días e causou xa 62 mortes podería ter sucedido en Galicia. Colectivos ecoloxistas lamentan a falta de planificación e o abuso na plantación de eucaliptos e piñeiros. Dende unha desas asociacións comentan: Os lumes podense previr con barreiras de arbores autóctonas coma os carballos e castiñeiros, simplemente esas arbores

O incendio que asolou Portugal estes días e causou xa 62 mortes podería ter sucedido en Galicia. Colectivos ecoloxistas lamentan a falta de planificación e o abuso na plantación de eucaliptos e piñeiros.

Dende unha desas asociacións comentan:

Os lumes podense previr con barreiras de arbores autóctonas coma os carballos e castiñeiros, simplemente esas arbores manteñen o chan humido e tardan moito mais en arder. Tamen se poden empregar arbores

Fai catro veráns Andilla, municipio pertencente á provincia de Valencia, sufriu un dos peores incendios forestais que se lembran. Os labores de extinción foron perigosas e complicadas como consecuencia da gran superficie afectada (20.000 ha) e das condicións climáticas que se deron: máis de 30 graos de temperatura, o vento sopraba a máis de 30 quilómetros por hora e a humidade relativa do aire achábase por baixo do 30%. Das fotos que máis repercusión tiveron nos medios de comunicación a posteriori destaca a dunha masa de cipreses que resistiu con estoicismo.

O novo estudo demostra a resistencia do ciprés mediterráneo (Cupressus sempervirens) fronte ao lume e a súa posible aplicación como barreira cortafuego ante os devastadores sinistros que afectan o Mediterráneo.

A situación actual en Portugal

A pesar da “evolución favoráble”, os lumes en Portugal “continúan descontrolados”

 

Hai varios focos de incendio que xa están controlados, en fase de rescaldo, mais a situación na zona de Pedrógão Grande, Góis, Figueiró dos Viños e Castanheira de Pera continúa descontrolada.

O Comandante Operacional da Protección Civil, Elísio Oliveira, en declaracións aos xornalistas, este luns, en Avelar, explicou que “hai varias situacións” a evolucionar favorabelmente, mais o fogo continúa descontrolado.

“Hai locais onde é completamente imposíbel entrar” debido á situación xeográfica. Alén diso, debido ao fume, “os medios aéreos nada poden facer”. “Hai avións que viñeron do estranxeiro que están parados”, lamentou o responsábel.

No terreo, están máis de “900 persoas a combater as chamas”. “Os bombeiros e a GNR están a facer todo o que poden e están a ser auxiliados pola poboación”, referiu.

A pesar da choiva que se fixo sentir na rexión durante a mañá, o tempo mantense quente e seco. En relación ao número de mortos, a situación mantense inalterada deste o último punto de situación: 62 mortos e 62 feridos.

João Silva dos Santos, piloto dunha aeronave que participou no combate ás chamas en Pedrógão Novo, confesou nunha publicación no Facebook que nunca vira nada así.

“Os fogos de onte non teñen nada de semellante con aquilo a que estamos habituados”, comezou por escribir o piloto na rede social Facebook, este domingo de mañá.

João Santos revela que en 15 anos de experiencia a combater incendios nunca asistira a nada desta dimensión, ” […] cando xulgaba que xa vira todo ao final estaba enganado”, describiu.

O piloto revelou aínda que asistiu a “trovoadas secas con lóstregos brutais a caer no bosque”, con “ventos fortíssimos e sempre a mudar de dirección”, engadindo que “nunca vira” nebulosidade semellante.

“Onte a nai natureza decidiu que quen manda é ela”, dixen João Santos.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor