Horóscopo do amor no mes de xuño de 2018

Horóscopo do amor no mes de xuño de 2018

Que deparará o horóscopo a cada signo zodiacal o mes de xuño de 2018 en temas de amor, parella e relacións:   ARIES |:  Centraraste na túa familia e o traballo. Isto último podería pór en perigo a túa relación se é que esta e unha merda, xa que poderías descargar toda a túa tensión coa

Que deparará o horóscopo a cada signo zodiacal o mes de xuño de 2018 en temas de amor, parella e relacións:

 

  • ARIES |:  Centraraste na túa familia e o traballo. Isto último podería pór en perigo a túa relación se é que esta e unha merda, xa que poderías descargar toda a túa tensión coa túa parella, mais en realidade e porque non te sinte apoiada o cal pode traer problemas e ruptura definitiva. Para os solteiros, non é un bo mes para namorarse, se e que algún mes o é, este seguro que non…

 

  • TAURO |: A primeira semana de xuño será complicada se tes unha relación, bueno será mais complicada que de costume porque en realidade tauro fai calquer relación dificil, esta en concreto vai ser fodida pois discutirán por todo. O bo é que será pasaxeiro e pronto regresarán á normalidade, pero sempre con tensións innecesarias...

  • XEMELGOS |: Terás días sumamente prósperos e felices, vai parecer que durante todo o mes a bareixa da sorte se pousou en ti. O amor irá moi ben, particularmente na última semana de xuño, pois entrarás nun período moi romántico, tanto que incluso cupido vai flipar co voso rollito empalagoso. .

  • CARANGUEXO |: En xeral, será un bo mes para os deste signo, sobre todo en temas de diñeiro e familia; con todo, as cousas non mellorarán no tema sentimental. Se estás con alguén, quizá sexa o momento de deixalo(a) ir, xa que van por rumbos diferentes, a seguinte vez colle un GPS dende o inicio deixa clara a folla de ruta.

  • LEÓN |: Se tes parella, poderías ter moitos problemas, xa que entrarás nunha dinámica onde quererás decidir cousas por ambos. Se estás solteiro, deixarás atrás a vergoña para coñecer a novas persoas e sentiraste altamente atraído por unha delas, andarás a botar nasas de xeito que terá unha boa captura.

  • VIRXE |: O mes trae cousas positivas, pois a túa relación fortalecerase, xa que todo flúe positivamente e sentiranse máis unidos que nunca. Se estás solteiro, é moi probable que te namores de alguén a primeira vista, ollo con isto que as veces e bo verlle os dentes os cabalos.

  • BALANZA |:Deixarás que flúa todo durante este mes, o cal traerá beneficios á túa relación. Se estás solteiro, comezan as festas e é tempo de foguetes. Poderías coñecer a alguén con quen probablemente iniciarás un romance fugaz, e dicir… foguetes e festa!

  • ESCORPIÓN |: Se tes unha relación, estarán máis románticos que nunca. Se non tes parella, poderías coñecer a alguén que chegará a ser moi importante na túa vida. O teu libido estará no máis alto, polo que estarás máis sexualmente activo que de costume, vai preparando a casa que haberá visita.

  • SAXITARIO |:Tes altas probabilidades de comezar a saír con alguén do estranxeiro, e ou moito moveron os marcos ou non e Portugal. Se xa tes compromiso, a túa relación mellorará e estarán máis complementados vai dar gusto esta etapa se xa tiñas parella.

  • CAPRICORNIO |: Atravesarás por unha serie de cambios. A túa relación de parella volverá estar en primeiro plano e activarase algo que te fará emocionar e sentir que vas por bo camiño. Se estás solteiro, moi probablemente coñecerás a alguén con quen poderías iniciar unha relación, inda que non comences de inmediato.

  • ACUARIO |: Este mes, o máis importante será a diversión e a vida social, sen importarte se tes ou non parella. Moita samba e pouco traballar, mais todo parece indicar que os deste signo que estean solteiros poderían coñecer a alguén que esperte o seu interese, se cadra nunha desas noites tolas ou nalgún sitio de lecer.

  • PEIXES |: No amor sentirás que todo e cambiante e inestable, parecerás o goberno. Poraste a pensar no pasado, creendo que eran tempos mellores, así como nas túas antigas relacións. Seguro que sintes excitación por algunha exparella e pode que teñas algún momento de nostalxia interpernil...

 

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor