Horóscopo en Galego Semana do 09 ó 15 de xullo de 2018

Horóscopo en Galego Semana do 09 ó 15 de xullo de 2018

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 09 de xullo ó 15 de xullo de 2018 Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…   ARIES |:  A eclipse pode verse eclipsada pola mala herva da tua sojra… ou familiar similar… isto vai a pór

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 09 de xullo ó 15 de xullo de 2018

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

 

  • ARIES |:  A eclipse pode verse eclipsada pola mala herva da tua sojra… ou familiar similar… isto vai a pór a proba as túas relacións cos demais familiares. As tensións xeradas na contorna familiar vante encher o carallo ou a cona e dirás basta! Cambios inesperados obrigarante a ter que tomar decisións e mais de unha herba Luisa. Necesitas sentirte libre, sen ter que render contas… Xa sabes a canción: Na cona da vella non manda ninguén…

 

  • TAURO |: A eclipse vaite eclipsar e sen dúbida pode dificultar a comunicación e contribuír a que se xeren malentendidos, lembra que berrar non e un medio de comunicación… así que se o fas… terás que esforzarte por aclarar canto antes o tema, e que non sexa no teleclú coas amizades ou no bingo coas amijas da misa senon coa persoa implicada. Non deixes de confiar en ti porque seguramente serás o único e a partir do día 10 Venus da moi bos aspectos, vai a perruqueira e fai algo con esas ghedellas e a túa vida cambiará a mellor, especialmente a sexual se e que atopas a quen obedeza.

  • XEMELGOS |: Esta semana a bareixa da sorte cajoute enteiro… Poden xurdir oportunidades que leven a tua vida onde sempre quixeches estar, ou a da tua parella para deixalo onde sempre o quixeches deixar…. A eclipse pode provocar bloqueos e atrasos, se e coa regla o atraso pode ser de eses de nove meses. Estancase a vida profesional e os asuntos económicos. Ten moita cautela decidindo, desfolla a margarida (non e nada sexual). Chegan cambios positivos a tua vida en xeral e o teu atractivo intensifícase coma a cor do cabelo cando o peinas cun chisco de baron dandi.

  • CARANGUEXO |: Parabens!  A eclipse parcial de Sol vai a ser no teu signo e a súa enerxía renovarate e traerá melloras como cando cambiaches a unha tele de plasma. Agardante moitas novidades na túa vida. É o momento de vencer calquer medo, colle unha espada inda que sexa da voda e berra tres veces Afouteza, afouteza, afouteza! non servirá de moito pero será gracioso. Aquilo que te estea condicionando vai ir mudando para ben coma a pel das serpes, tamén o que non te permita mirar o futuro con confianza e optimismo.

  • LEÓN |: Coa eclipse, inda que notarás que as túas enerxías diminúen e o teu mundo interior pode estar mais  cheo de contradicións ca un programa político, no fondo sabes o que queres, deixate de postureo e convida a un cafe con jotas a esa persoa especial, pero aproveita ata o día 10, que Venus transitará polo teu signo, cafe, jotas de aughardente de herbas, unhas jotas no pescozo e cabelo de baron dandi ou ajua de colonia e vas a conseguir o que desexas no amor. O teu poder de sedución será espectacular pero non para especular, a túa vida social, moi intensa e divertida.


  • VIRXE |: Noraboa, por todo e con todo vas ser o mellor signo da semana. Vas saír triunfador de calquera reto ao que te enfrontes estes días, pero non retes a un banqueiro que eles sempre gañan. A eclipse inflúe directamente no sector das amizades, e é posible que sintas decepcionado con alguén a quen queres, viralle o cu e mais vale perder unha amizade que un figado. O día 10, Venus, o planeta do amor, ingresa no teu signo e o amor pode facer das suas de xeito moi especial, se xa tes parella ollo con a fertilidade salvo que a andes a buscar.

  • BALANZA |: A eclipse ten lugar na túa Casa e a súa enerxía tráe éxito e a culminación de proxectos que iniciaches, que tamén non era sen tempo carallo! Aínda que xa estás acostumado debes ser cauto porque espertarás envexas. O amor e os sentimentos serán os protagonistas, cruza a barreira que ti mesmo te pos e busca o amor dunha vez se estas solteiro ou viúvo, arrinca a cancela/somier e traspasa a liña. Os consellos dos teus amigos serán moi positivos para ti, failles caso.

  • ESCORPIÓN |: Alma candida de dios! Tes  asuntos pendentes que te están angustiando e necesitas resolvelos para recuperar a tranquilidade. A eclipse pode afectar as viaxes e ao teu traballo, a folga de controladores aereos que xa e tradición ou outro motivos e onde poden xurdir atrasos e algún inconvinte inesperado. No amor, necesitas dialogar, non impoñer e aprender a ver o lado bo, se non hai lado bo entón non presicas de velo.


  • SAXITARIO |: O cambio de Lúa vén cunha eclipse parcial de Sol. Isto vai paralizar as tuas placas solares e a enerxia vaise ver bloqueada coma unha carretilla sobrecargada de esterco no medio do barro… Situación que te alerta de imprevistos en situacións de documentos ou atrasos en temas de herdanzas, préstamos… pero terás a enerxía que necesitas para decidir o que máis te convén. Estarás alegre e compartirás cos teus o teu optimismo, pero non… España non vai gañar o mundial e Portugal tampouco, xa cho dixen eu fai tempo que gañaba Croacia.

  • CAPRICORNIO |: Tes unha amija mais tóxica que unha leituga mercada por AliExpress. A enerxía da eclipse enfronte do teu signo, pode facer que sintas confuso (tamen pode ser o viño) e sufras altibaixos e cambios de humor, coma se foses Donald Trump. Estarás moi vulnerable e necesitarás falar do que te preocupa con alguén da túa confianza, pero non vaias o banco por moito que poñan esa palabra no escaparate. Desconecta das responsabilidades e reláxate, toma unha ajua de herba luisa, rouba un millon de euros sen que te collan e respira fondamente tres veces (ese exercicios vante ir ben).

  • ACUARIO |: Andate con ollo e non e unha ameaza… A eclipse alértate para que non asumas ningún risco no terreo económico, non merques nin un protector de pantalla, nin decisións apresuradas que poden prexudicarte. Desfolla ti tamen a margarida, se tua veciña se chama Margarida a ela faille o que se deixe… pero vai con cautela. Con Marte no teu signo estás moi impulsivo, tenta serenarte para evitar tensións que non te conveñen. Préstalle máis atención ao amor e pon seso no sexo…

  • PEIXES  |: Estes días estar tamen bastante cajado pola bareixa da sorte e podes verte sorprendido. Será como poñer a tvg un venres e non ver a Jalloso… serán sucesos case máxicos que te farán moi feliz. A Lúa, que virá cunha eclipse, contribúe a que as relacións coa túa contorna sexan fluídas, coma ese anuncio dos xeles de pracer…  é posible a que a sorte te visite, pero abrelle a porta carallo! merca inda que sexa un cupón da cruz vermella. Mesmo así ten cautela coas persoas novas porque poden ir de juais e non chejar nin a chachis.

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor