Horóscopo Galego Acuario

|  ARIES | TAURO | XEMELGOS | CARANGUEXO | LEÓN | VIRXE | BALANZA | ESCORPIÓN | SAXITARIO | CAPRICORNIO | ACUARIO | PEIXES  |


HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

ACUARIO

Acuario, 22 de xaneiro – 19 de febreiro

Vida afectiva: Confianza
Corpo e alma: Curiosidade
Área laboral: Novas soluciones
Lecer: Cociñar

COMO É ACUARIO
Acuario, 22 de xaneiro – 19 de febreiro

Acuario é o aire frío que ventila a casa no inverno, o que está quieto no val, a mensaxe na botella flotando no mar. É a bendita chegada que trouxo innovación, liberdade, conexión e rapidez ao mundo. É o neno que se fai presidente do curso logo de defender aos seus compañeiros; é a treboada eléctrica que irrompe no medio da noite e esperta á cidade; é a revolución das flores, a chegada do rock para quedar e tamén o mundo dividido en dous…

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Frase: Eu sei… o que ti non.
Emoción: A liberdade.
Elemento: O aire novo.

Es unha rebelde sen causa, pero ollo que se eres nova… a xente nova e a leña verde só fan fume! Encantate o risco e rirte de todo e iso esta ben, mais tenta canalizalo en algo produtivo e se mais humilde…

Acuario precisa de: Desenvolver o seu intelecto, construír un pensamento propio; independencia, socializar, ter redes de apoio e derrubar o vello.
Os seus maiores talentos: Atreverse a desenvolver a súa creatividade e inventiva, defender aos desvalidos, crer na súa orixinalidade; traer innovación ao mundo e darlle espazo ao humanismo no coñecemento.
Poder espiritual: O altruísmo.

ACUARIO E CARALLUDO EN: Independentes, xustos, afables, humanitarios; valoran o espazo persoal, grupal e a amizade, xeradores de conciencia social; creativos, lúdicos, con humor: saben rirse do serio, rebeldes con causa; bos intelectuais; valentes; expresan os seus puntos de vista con liberdade, intuitivos racionais, vangardistas, fraternais, resoltos; líderes nas crises.

ACUARIO E DA CONA QUE O BOTOU EN: Excéntricos, levar a contra en todo; viven demostrando que saben e cren que sempre teñen a razón; ás veces verborreicos: non deixan falar a ninguén; retraídos; sentense especiais (e por tanto mellores que o resto); “filósofo de salón”, leva o mundo na súa cabeza; igual de egocéntricos que Leo, pero disimulan; cústalles entregarse en relacións íntimas, pon unha parede.

A KRIPTONITA QUE O ESCARALLA:  Crer que é necesario -e vale a pena- ter a razón; crer que a equivocación é un fracaso, e depender da aprobación intelectual do resto.

OS SEUS GRELOS: Máis dalgunha vez regalaranlles un bo libro, decataranse de cousas inimaginadas, rirán do poder e do establecido; conectaranse con diferentes grupos humanos: serán convidados a unhas cantas reunións de conglomerados, agrupacións e/ou irmandades.

LIBRATE DUNHA MALA HORA: Ser fillos do Presidente da República; facerse punk ou krishna aos 40; ter un fillo do Opus Dei; seguir defendendo o indefendible; crer que a realidade está nos libros.

O MELLOR ESTERCO PARA ACUARIO: Xuntarse cun xaponés a discutir sobre todas as cousas en que si están de acordo; xogar con barro para baixar a terra; nadar no mar para perder o control, mergullarse no subxectivo e conectarse co inconsciente.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

AGASALLOS CARALLUDOS: Un podium e micrófono portátiles; un poster de calquera revolucionario, un xantar nun club de tenis, unha invitación ao museo de arte moderna de calquera cidade ou a ver unha película de cinema arte; un café (ou té de herbas sen cafeína) cun tema para conversar por horas, a revista de opinión da semana.