|  ARIES | TAURO | XÉMELGOS | CARANGUEXO | LEÓN | VIRXE | BALANZA | ESCORPIÓN | SAXITARIO | CAPRICORNIO | ACUARIO | PEIXES  |


HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

ARIES
Aries, 21 de marzo – 20 de abril

Vida afectiva: Definición, eres unha persoa ben definida na vida afectiva
Corpo e alma: Sorpresiva, impetuosa, viril e impulsiva
Área laboral: Logros, emprendedora, enerxica…
Lecer: Paseos o aire libre

COMO É ARIES: 
Aries, 21 de marzo – 20 de abril

Para conectarse con o signo de Aries hai que imaxinar antes as consecuencias porque Aries e como fregar duas pedras e batelas entre si para facer lume, quen acende a súa chama pode mesmo incendiar un bosque cheo de eucaliptos e piñeiros sen querelo. Teimuda e facil de ofender, unha persoa Aries e sen dúbida unha persoa explosiva. Antes de nada se estas coñecendo a unha persoa Aries lembra que Galicia esta chea de arbores pirófitas e Aries e verdadeiramente un incendio en si mesma.

Frase: Eu son, eu teño, eu quero….
Emoción: O entusiasmo.
Elemento: O lume que acende algo.

Cando Aries quere algo e como a forza de dous carros de bois, teimuda ata fartar. ¡Afouteza en estado puro!

Aries precisa de: Espazo físico e emocional para desenvolver o seu lume e as súas inquietudes, liberdade, acción, desafíos constantes e excitantes.
Os seus maiores talentos: Liderar, saír rápido das crises: reconstrúense rapidamente e saen de novo a escena; executar o que se propoñen sen importar os obstáculos ou os “peros” dos medorentos; vencer a timidez e atreverse.

Poder espiritual: A AFOUTEZA!

ARIES E CARALLUDO EN: Iniciativa: teñen gran enerxía para dar a idea, facer o proxecto e pór a primeira pedra; coraxe, arroxo, inxenuidade: teñen a frescura dos nenos que coñecen recentemente o mundo; fe, movemento, paixón, mocidade, independencia. Bos improvisadores, rápidos, idealistas, románticos como O Quixote, intensos, aventureiros, directos, pioneiros, executivos, innovadores, impetuosos, enerxéticos; moi apaixonados co que queren lograr.

ARIES E DA CONA QUE O BOTOU EN: Agresividade: adicción ao facer e á intensidade, egoísmo, competencia malsana, brusquidade, mal xenio, impaciencia: a palabra “espera” dálles alerxia e espasmos; cunha impulsividad que lles custa caro porque poden usala ata para casar; queren dominar a escena; violencia verbal e/ou física. Poden converterse en “o matón da clase”, non miden as súas accións nin o que din e fan dano gratuitamente, demandantes e obcecados nas súas ideas.

A KRIPTONITA QUE O ESCARALLA: Non terminar o que empezan e aburrirse rápido do estable, que tanto lles pode ensinar. Crer que na quietud -ou a calma- non hai acción.

OS SEUS GRELOS: Os cabreos dúranlles pouco, aínda que hai que afirmarse cando lles vén un; inxectan enerxía, a súa rapidez pode inspirar a varios, en especial a Tauro, Capricornio e Libra. Son fonte de sorpresas, invitacións improvisadas e aventuras inesquecibles.

LIBRATE DUNHA MALA HORA: Os espazos pequenos e asfixiantes; irse de intercambio a “San Marino”; os traballos rutineiros, ter un xefe conservador, irse de vacacións ao campamento da Antártica, ofrecerse de voluntario nunha tornería, xogar con fósforos e traballar como “estatua humana”.

O MELLOR ESTERCO PARA ARIES:  Contar ata 10 (ou 20) antes de reaccionar, practicar Tai Chi, un retiro budista, coñecer de preto a un Capricornio que lles ensine o “paso a paso”. Facer un taller de “Aprendendo a reflexionar” e quedar ata a cerimonia de peche.

AGASALLOS CARALLUDOS: Entradas a calquera parque de diversións, unha invitación ou festa sorpresa, zapatillas ou patíns, música de “Safri Duo” ou de tambores africanos, roupa e accesorios vermellos, un par de ski, xogos para armar e desarmar rápido, cortaplumas, unha moto enduro ou calquera cousa con rodas, un disfrace de Indiana Jones.

|  ARIES | TAURO | XÉMELGOS | CARANGUEXO | LEÓN | VIRXE | BALANZA | ESCORPIÓN | SAXITARIO | CAPRICORNIO | ACUARIO | PEIXES  |

Autor