|  ARIES | TAURO | XEMELGOS | CARANGUEXO | LEÓN | VIRXE | BALANZA | ESCORPIÓN | SAXITARIO | CAPRICORNIO | ACUARIO | PEIXES  |


HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

BALANZA – LIBRA
Balanza, 22 de setembro – 22 de outubro.

Vida afectiva: Pechar
Corpo e alma: Proxectos propios
Área laboral: Reducir custos
Lecer: Música

COMO É O BALANZA:
Libra, 22 de setembro – 22 de outubro.

Cando o inverno vai en retirada, Libra fai a súa entrada triunfal co aire morno da primavera e a beleza do renacer da natureza, as cores intensas, o aroma das flores e os xardíns cheos de verde. Tamén se presenta no encontro de conflitos non resoltos. É o neno que saúda á xente na rúa, a rosa regalada como xesto de amor,  cando un can e un gato críanse xuntos e non se decatan das súas históricas diferenzas.

Frase: Eu harmonizo… a polaridad.
Emoción: A tranquilidade.
Elemento: O aire fresco que se respira e vivifica.

Balanza atópase entre os signos máis civilizados do zodiaco. Teñen encanto, elegancia e bo gusto, son amables e pacíficos, mais na guerra do amor o que foxe e vencedor

Balanza precisa de: Atoparse con outro e relacionarse, espazos harmónicos, coñecer os dous lados da moeda.
Os seus maiores talentos: Unir, ver a obxectividade dos feitos, cooperar en prol da harmonía a todo nivel, recoñecer o valor inigualable das relacións humanas.
Poder espiritual: A ecuanimidade.

BALANZA E CARALLUDO EN: Exercer a diplomacia innatamente, amabilidade, respecto polos outros, bondade. Son grandes asesores e/ou consultores, xustos, con moito equilibrio interno, apreciadores da beleza, adaptables, adecuados, integran á xente nova nos grupos, hospitalarios, leais á causa.

BALANZA E DA CONA QUE O BOTOU EN: Pasividade ou agresividade no canto de asertividad nas súas relacións, dependencia emocional, incapacidade de estar sós, dúbida constante e que ás veces os paraliza, inseguridade, excesiva conciliación: non se queiman; influenciables, frívolos: moi orientados ás formas e a máscara, sumisos coa autoridade, postérganse por preservar a harmonía das súas relacións.

A KRIPTONITA QUE O ESCARALLA: Crer que é san evitar os conflitos e que dicir “non” causa dano.

OS SEUS GRELOS: Sentirense escoitados e acollidos, máis dalgunha vez organizaranlles unha festa de aniversarios sorpresa e elegante, poderán conversar horas sobre o profundo e o mundano.

LIBRATE DUNHA MALA HORA: Ir de vacacións a Iraq ou a Galicia cando tocan os incendios, ter de parella a un boxeador ou a un rugbista, ser fillo ou familiar de Donald Trump; exporse a perigos ou a persoas agresivas.

O MELLOR ESTERCO PARA BALANZA: Ser corredores da bolsa por un día para gritar, decidir no momento e arriscarse; conducir un micro en Taiwan ás 8.30 da mañá.

AGASALLOS CARALLUDOS: Invitacións a calquera exposición artística, un set de malabarismo, adornos varios, accesorios que combinen coa súa roupa, un par de cafés ben conversados, unha mesa de ping pong.

Autor