|  ARIES | TAURO | XEMELGOS | CARANGUEXO | LEÓN | VIRXE | BALANZA | ESCORPIÓN | SAXITARIO | CAPRICORNIO | ACUARIO | PEIXES  |


HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

CAPRICORNIO
Capricornio, 22 de decembro – 21 de xaneiro

Vida afectiva: Renovar rol
Corpo e alma: Sentir
Área laboral: Xera calma
Lecer: Bailar e bo sexo

COMO É CAPRICORNIO:
Capricornio, 22 de decembro – 21 de xaneiro

Capricornio está no “mundo real”, nas obrigacións, as contas por pagar como se fose do ministerio de Facenda; tamén pode andar de compras nun centro comercial, cambiando cartos ou vendo unha propiedade para comprala. É a semente que fará todo o traballo por converterse en planta (ou árbore) aínda que caese no deserto; o neno que lle mostra aos pais o debuxo que fixo no colexio, e o papá que logo avalía as súas notas e condiciona os permisos; enfronta a adversidade e que ensaia unha e outra vez os pasos de ballet ata conseguir o éxito.

Frase: Eu uso… a materia.
Emoción: A satisfacción.
Elemento: A terra que dará vida.

Mentres que non te encenden o forno da cociñaa de leña e esta ben quente non te amosas al e como eres, pareces fría pero unha vez quente o forno ¡das un pan de broa caralludo! gustache dar e recibir prazer e ahi a frialdade non ten lugar…

Capricornio precisa de:  Construír a súa propia existencia e porlle logros á súa biografía; traballar: ter metas que conseguir; seguridade material; poder.
Os seus maiores talentos: Saber empezar desde abaixo, darlle unha estrutura e definición á vida, a perseveranza; materializadores dos seus desexos.
Poder espiritual: A disciplina.

CAPRICORNIO E CARALLUDO EN: Responsables, eficientes, ordenados, con criterio de realidade: recoñecen de inmediato o que é viable, prácticos, cun humor seco, bos planificadores, persistentes, reflexivos; non lle temen ao rigor; pacientes; grandes administradores do diñeiro; visionarios, cumpridores; dan seguridade ao ambiente e aos outros, confiables, autónomos.

CAPRICORNIO E DA CONA QUE O BOTOU EN: Pesimismo e fatalidade: só ven o “real” e son incapaces de soñar ou imaxinar algo que non sexa tanxible; fríos, duros, pouco demostrativos, castigadores, incapacidade de xogar, excesiva seriedade; cren que todo se consegue con esforzo; envexosos dos logros doutros, materialistas, fixados na imaxe; poucos románticos; ríxidos, hoscos, moi críticos, desconfiados, egocéntricos…

A KRIPTONITA QUE O ESCARALLA:  Crer que o esforzo sempre é un valor, que o simple non serve; buscarlle unha utilidade a todo, e crer que ser vulnerable é sinónimo de debilidade.

OS SEUS GRELOS: Coñecerán o aforro e unha boa relación co material (iso corre para o diñeiro, a decoración, a roupa, os gastos, etc.); as súas necesidades estarán cubertas, inspiraranse coa súa disciplina e gozarán de espazos perfectamente organizados.

LIBRATE DUNHA MALA HORA: Vivir á beira dun casino ou mudarse ás Vegas, ter unha caixa rexistradora en casa; ser desherdados polo seu pai, ter unha parella artista, hippie, mística e esotérica. Crer que traballar, comer, vestirse, gañar prata, ter casa e familia, é a vida.

O MELLOR ESTERCO PARA CARANGUEXO: Ter de parella a un Pisces ben meloso e permitirse ser queridos; saír sen diñeiro á rúa un día; ir ao Tibet para vivenciar a grandeza do simple e de SER antes de FACER.

AGASALLOS CARALLUDOS: Unha fita de medir, un trade; un paseo por unha tenda de materiais de construción; unha tarde nunha liquidación ou venda de adega; unha viaxe ao deserto florido; unha alcancía sofisticada, unha rica cea nun restaurante que baixou os seus prezos, pero sobretodo unha noite de sexo tolo sen límites…

Autor