Horóscopo Galego Caranguexo

|  ARIES | TAURO | XEMELGOS | CARANGUEXO | LEÓN | VIRXE | BALANZA | ESCORPIÓN | SAXITARIO | CAPRICORNIO | ACUARIO | PEIXES  |


HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

CARANGUEXO
Cancro, 22 de xuño – 21 de xullo.

Vida afectiva: Honestidade
Corpo e alma: Presente
Área laboral: Viro
Lecer: Organizado

COMO É CARANGUEXO:
Cancro, 22 de xuño – 21 de xullo.

Cancro vive no morno, seguro e nutritivo líquido amniótico do ventre materno, os caranguexos de tanto fogar chegan a folgar, caranguexo o neno tímido que sente medo do primeiro día de clases, a sobremesa de leite da avoa, a película favorita que se ve unha e outra vez, o día de choiva en que os nenos non van ao colexio, e o regreso a casa despois dunha longa viaxe.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Frase: Eu sinto… e non o podo esquecer.
Emoción: O afecto.
Elemento: A auga que nutre.

Eres como unha de esas nécoras que se agocha sempre no seu caparazón, pero coidado que cando non hai veda por moito que te escondas acabas na pota!

Caranguexo precisa de: Fogar, seguridade emocional, vínculos afectivos profundos e estar ben alimentados.
Os seus maiores talentos: Coidar e protexer a outros, mostrarlle aos outros a incondicionalidade do amor, entregar calidez e agarimo con espontaneidade.
Poder espiritual: A bondade.

CARANGUEXO E CARALLUDO EN: Sensibilidade, comprensión, valorar o pasado como experiencia, intuición, conexión cos soños, boa memoria, hogareños, maternais, humildes, románticos. Abren e acollen os sentimentos dos demais e permítense ser vulnerables; recoñecen as súas debilidades.

CARANGUEXO E DA CONA QUE O BOTOU EN: Quedar pegados no pasado, non deixar crecer aos outros nin que se vaian do seu lado e afogalos; non saben soltar o que antes coidaron; axudadores compulsivos, vítimas, manipuladores e rencorosos. Postérganse en extremo; calquera fracaso ou perda emocional paralízaos; dramáticos na intimidade; con moito temor ao abandono e a deixar o niño onde se criaron.

A KRIPTONITA QUE O ESCARALLA: Sentir que “todo tempo pasado foi mellor” como escusa para vivir o presente, e que aínda non están repostos da última crise.

OS SEUS GRELOS: Sempre gozarán de apoio e consolo en momentos de dor, nunca lles faltará abrigo nin comida, recibirán moitos abrazos, terán todos os detalles de aventuras e anécdotas pasadas rexistrados fielmente.

LIBRATE DUNHA MALA HORA: Traballar na casa, ver ou escoitar calquera programa “do recordo”, tomar demasiado leite, ver a serie animada dos anos ´80 “Marco” e gravala, ter unha parella hiper independente; ter “A Cincenta” como libro de cabeceira.

O MELLOR ESTERCO PARA CARANGUEXO: Criar a un par de canarios e un día abrirlles a porta da súa gaiola para que recuperen a súa liberdade; aprender “Kendo” e ver o final dunha teleserie sen chorar.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

AGASALLOS CARALLUDOS: Unha bandexa para tomar almorzo en cama, chalecos de la, auto-convidarse á casa deles a tomar o té, un álbum de fotos, unha mascota, un dicionario de soños cun caderno para anotalos á mañá seguinte.