Horóscopo Galego do 06 de agosto ó 12 de agosto de 2018

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 06 de agosto ó 12 de agosto de 2018

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
  • ARIES |:  A tila e mellor ca o café cando non tes un millón de euros no banco. A bareixa da sorte viu a pesar da calor e afurricouse enriba túa, gozarás da vida e  alcanzarás as túas metas. Mercurio faiche bos aspectos en viaxes e co estranxeiro. No amor, vas experimentar intensas emocións a pesar da calor poderás desfrutar con paixón.

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
  • TAURO |: Eres terca ou terco coma unha mula ou un mulo… E perdes a cabeza por nada, e as veces por perder a cabeza perdes cousas mellores que a túa cabeza. Co Cuarto Menguante no teu signo, non debes de asumir compromisos, estes días deberías descansar e illarte e recuperar a serenidade finxida que perdiches. Menos piar e máis sementar.

  • XEMELGOS |: Es coma unha atracción de feira… subes e baixas. O teu estado terá altibaixos, pero non os vaias pondo polas redes sociais… Contarás coa protección da Lúa os días 6 e 7, que transitará polo teu signo. Terás unha aura especial e unha elegancia natural realmente favorecedoras, e atraerás moito máis que a mel na casa da avóa as formijhas.

  • CARANGUEXO |: Eres Dona ou Don anghustias, estás moi vulnerable e necesitas estar a soas, pero coidado con illarte do todo. A Lúa no teu signo, os días 8 9, potencia a túa intuición e remove as túas emocións coma o tractor cando che ven labrar as leiras, ou coma cando ves o teu ex moi feliz pola rúa. Coidate e lembra que todo son etapas coma no tour de Francia

  • LEÓN |: Bota unha primitiva! Dende que o Sol ingresou no teu signo o día 20, a sorte é a túa aliada. Días moi favorables para renovar e facer calquer cambio na túa casa. Ollo con ter tanta sorte que ighual botas un peido e ven con premio. No amor, podes recibir unha sorpresa moi boa, pero se tes dúbidas ou pensas en cambiar de parella pesa ben se esa sorpresa merece a pena. Aposta polas túa intuición e se fai falla pon a relación en estado de defunción.

  • VIRXE |:  Renovación total! na feira venden 3 brajas plo prezo de duas, aproveita a renovar ata as brajas e merca tangas. Momento de iniciar algo novo, a enerxía do Cuarto Menguante axúda a canalizar os proxectos polo rejo. Entregaras corpo e alma ao que queres, e a quen queres, usa medidas e mira que non estén caducadas… poderás coñecer a xente coa que conectarás de inmediato.

  • BALANZA |: Vas ser un tumba brajas ou unha endereita pirolas… O día 5, Venus, ingresa no teu signo, e a túa sensualidade habitual sumaselle un magnetismo co cal non deixarán indiferente a ninguén. É un momento moi favorable para botar o peón todo o que podas pero sen furar nada que lojo veñen os dijustos. Vas derrubar as barreiras mentais ou físicas que te impíden ser ti mesmo.

  • ESCORPIÓN |: Arrincar un carro de esterco ennobrece o alma. A túa creatividade e innovación están moi potenciados. Saberás expresar orixinais ideas, nesta semana deberías de estar atento para ver as oportunidades que brindan as estrelas. A Lúa na súa fase de Cuarto Menguante empúxache a liberar das túas ataduras. Van chegar mais novidades a tua vida que incendios en tempo de calor e vento.

  • SAXITARIO |: Poida que os teus plans precisen ser sementados e estercados porque no son inmediatos, iso no quere dicir que non se cumpran, contén a túa impaciencia e así poderás velos medrar e dar froitos en breve. Terás facilidade para as conclusións. No amor, controla a tua impulsividade en sentimentos repentinos. Desfruta de un bo xantar, ti elixes o que queres comer…

  • CAPRICORNIO |: As turbulencias vividas no pasado foron coma unha aterraxe dun piloto ruso de Ryanair en Vigo con néboa, e dicir moi fortes, podes estar cun desgaste persoal e emocional. É tempo de coidarte xa sabes! come tofu, ensaladas, auga mineral, infusións... pensa en ti por riba de todo. Son días nos que os astros lle encheron o depósito a chama do amor ou se estas só coñecer a alguén.


  • ACUARIO |: Días positivos para mostrar as túas emocións, fai unha xornada de portas abertas pero sen dramas. As viaxes e as vacacións serán para levar ropupa interior limpa xa que ou vas atopar o amor ou avivar a relación que mantés. Apartarás as dúbidas e mostraraste moi receptivo. Está na tua semana mais especial do ano no eido do amor…

  • PEIXES  |: A túa sensibilidade está coma o dedo indice despois dun martillazo. Calquera cousa que suceda vaite sacar o teu lado mais sensible. A túa boa disposición resolverá as diferenzas con alguén a quen queres. No amor, sinteste coma quen fai barranquismo por primeira vez e necesitarás afianzar a túa relación.

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Deixa unha resposta