Horóscopo Galego do 14 ó 20 de maio de 2018. Xornal Galego

Horóscopo Galego predicción da Semana do 14 ó 20 de maio de 2018

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

  • ARIES | : Se eres un home: As túas influencias emocionais son por mor de mulleres, de modo que non está en bo momento para relacionarse con elas. Tiranlle mais duas tetas ca un carro de bois, pero esta semana evite reunións co sexo feminino e iralle mellor. Se eres muller esta semana parece a indicada para resolver un vello asunto que xa estaba a coller barolo de tanto esperar…

  • TAURO |: Estás a atraer situacións misteriosas e confusas andas no medio de algo moi, moi embrullado que o único que fan é limitarte, xa que dunha maneira estás a proxectar as túas dúbidas nos demais e notase, as veces e bo parar de sementar non vaias a estar sementando na leira no veciño. Ollo coa tensión cervical.

  • XEMELGOS |: Esta é un día que te convén dedicala a ti mesmo. Ten o ánimo especial para dedicarse ao cambio da túa vestimenta, inda que con este tempo de merda vaste fartar de cambiar roupa de verán con roupa de abrigo. Sabes dende fai tempo que debes de mellorar a túa dieta, debes de facer xa a túa cita para unhas masaxes e consentirte un chisco mais que non todo vai ser traballar.

  • CARANGUEXO |:É mellor que penses se o que desexas facer é realmente bo para ti ou é só un capricho para enfrontarse cos demais, especialmente cos familiares. Pero penses o que penses fai algo que cando estas así eres moito de pensar e pouco de facer, por culpa de xente coma ti pensan que os galegos non sabemos se subimos ou baixamos, e non te quedes na casa, sal da gaiola que ti tes a chave

  • LEÓN |: Esta semana se eres home as relacións co sexo feminino son moi boas, se non tes parellas serás todo un tumbabrajas en estado puro, hai unha sensación de harmonía e de benestar con vostede mesma que lle permite brindar axuda e protección emocional aos demais. Se es muller vas percibir esa harmonía pero debes ter coidado cos teus superiores, inda que ninguen sexa superior a ti cando ti o queresAploma a tua afouteza cos xefes!

  • VIRXE |: Por romper un día as estruturas e saír da rutina acartonada non vai a pasar nada malo. Aborreces ate a un psicologo arxentino con tanta rutina, Deberías de facer isto esta semana para sentirse ben e capaz de facer algo polo teu benestar. Podes probar a facer parapente ou puenting. Poderías incluso manter relacións sexuais con algunha persoa descoñecida, pero toma precaucións… xa sabes.. antes de chover chispea!

  • BALANZA |: Usa a túa astucia para mellorar as relacións, sobre todo coas persoas do sexo oposto que te rodean. Eres fino coma un coello pero os coellos non son famosos por ser moi apaixoados. Ti sabes o que eres capaz de darlle o sexo oposto asi que xa sabes… ponte a seducir e a xogar o trompicallo! En lugar de ver todo baixo o seu punto de vista, aprenda a ser menos subxectivo e gañará máis afecto. Esta semana vaise solucionar algun tema legal ou de papeleo

  • ESCORPIÓN |: O importante desta semana para vostede é que poderá reciclar, tanto os vellos sentimentos e resentimentos, como as súas actitudes negativas. Deixe de ser tan crítica e despexe a súa mente. Tanto tecer mentalmente sen ser costureira non e bo para a tua mente, despexa a cabeza e chama a esa vella amizade para tomar uns viños ou unha merda desas que bebedes agora, iso que parece unha ensalada e lle chamades Gin Tonic

  • SAXITARIO |: As persoas que esta semana te busquen por cuestións comerciais e tamén por cuestións persoais serán favorables para vostede, escoita as súas propostas e non as deixes escapar. Eres moito de pensar en que queren de ti, e sobre todo de se te queren foder… pero pensa que as veces pode ser que o fagan e ambos desfrutedes, neste caso falamos de algo persoal ou laboral, pero abrete a novas propostas de deixate levar…

  • CAPRICORNIO |: As dificultades que teñas nas súas relacións con outras persoas faranlle reflexionar e comprender que é só un período de complicacións, pero que moi pronto todo mellorará. Non esta a luna para sementar, nin para recoller asi que aguanta este ciclo e aproveita para engraxar ben o chimpín que despois te vai facer boa falta. Non invites a ninguen a pasear no chimpín que tampouco esta a luna para iso…

  • ACUARIO |: As ideas novas e orixinais son o que farán funcionar os seus negocios, non busque no que ten nin en vellos recursos. A clave do seu triunfo está nas cousas novas. Proba a facer negocios por internet ou algo semellante, inda que sexas unha toupeira no mundo de internet se te asesoras ben poderas obter grandes reditos. Vas recibir unha chamada inesperada, ollo coas furriqueiras que esta semana podes ter unha.

  • PEIXES  |: Desenvolver novas ideas comerciais benefícialle, como cambiar de traballo. Manda todo o carallo e cambia de empresa, agás se tes un salario moi, moi bó pensao ben antes de mandar todo po carallo porque agora sera complicado ter un salario similar. O importante é que busque novas oportunidades e solucións para saír do seu estancamento. Ten coidado en viaxes curtas porque poderías ter algun nicazo pequeno. 

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta