|  ARIES | TAURO | XEMELGOS | CARANGUEXO | LEÓN | VIRXE | BALANZA | ESCORPIÓN | SAXITARIO | CAPRICORNIO | ACUARIO | PEIXES  |


HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

LEÓN – LEO
León, 22 de xullo – 22 de agosto.

Vida afectiva: Reconfortante
Corpo e alma: Evolución
Área laboral: Independencia
Lecer: Alegre

COMO É LEÓN:
León, 22 de xullo – 22 de agosto.

León é o lume que permanece, a cociña de ferro da casa da avóa á que todos queren achegarse; está no centro. É o fillo único cheo de atención e fonte de amor, o talentoso solista do ballet ou a orquestra. Son as luces do escenario da orquestra Panorama que iluminan aos cantantes mentres o público aplaude de pé, a cheminea da casa veciña que todos queren ter, o rei cheo de poder e de accesorios dourados dos conto

Frase: Eu quero… que me mires.
Emoción: A paixón.
Elemento: O lume que dá calor.

 O sol e a súa presenza única como fonte de vida. Os/as Leó son os reis da selva e do horoscopo, con un León; a feira iredes que mais gañaredes!

León precisa de: Autoexpresarse, ser recoñecidos, brillar, sacar os seus dons ao mundo.
Os seus maiores talentos: Liderar de verdade, manexar o poder, ter valor fronte á adversidade e inspirar a outros coa súa luminosidade e a súa capacidade de organización.
Poder espiritual: A forza.

LEÓN E CARALLUDO EN: Lealdade, confianza en si mesmos, seguros, xenerosos, con gran iniciativa, cálidos, afectivos, lúdicos. Os seus pasos son grandes e audaces, despregan enerxía e optimismo, capaces de inspirar co seu liderado, atrévense a mostrar os seus talentos, cren na dignidade.

LEÓN E DA CONA QUE O BOTOU EN: Egocentrismo, vaidade, orgullo, crerse e sentirse o centro, dominantes, invasivos, dogmáticos, fanfurriñeiros, non escoitan aos demais, déspotas. Crense merecedores do mellor (e en exclusiva, obvio), avasalladores, hiperdependientes da aprobación do resto e non soportan que outro lles “gañe”.

A KRIPTONITA QUE O ESCARALLA: Rodearse de aduladores -no canto de relacións sinceras- con tal de encher o seu ego e deixarse manipular polo halago de calquera.

OS SEUS GRELOS: Leo fai todo con calidade e iso corre para as invitacións, comidas, viaxes, etc. Poderán contar con eles fielmente e gozar da súa rica enerxía que contaxia como fonte de inspiración para non abaterse.

LIBRATE DUNHA MALA HORA: Saír en televisión en horarios de baixa audiencia, ir a unha praia nudista e ser o único bañista; ter un irmán, parella, xefe ou compañeiro de banco Leo; ser edecán de calquera autoridade, e crer -como moitos- que o baixo perfil é sinónimo de humildade.

O MELLOR ESTERCO PARA CARANGUEXO: Facer calquera actividade anónima, ir a un baño turco e darse conta que todos somos iguais.

AGASALLOS CARALLUDOS: Un escenario desplegable e portátil, un caleidoscopio, xoias varias (pero lexítimas, obvio), un portarretrato a escala humana, unha coroa, un equipo de karaoke, unha sopa para un, a inscrición a un taller artístico.

Autor