|  ARIES | TAURO | XEMELGOS | CARANGUEXO | LEÓN | VIRXE | BALANZA | ESCORPIÓN | SAXITARIO | CAPRICORNIO | ACUARIO | PEIXES  |

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

PEIXES – PISCES
Pisces, 20 de febreiro – 20 de marzo

Vida afectiva: Amor
Corpo e alma: Mira o camiño
Área laboral: Certeza
Lecer: Ceas

COMO É PEIXES
Pisces, 20 de febreiro – 20 de marzo

Aínda que algúns non saben onde está Pisces, a eles non lles importa porque tampouco o teñen claro. Están na nebulosa, na profundidade do océano, nas rúas e os bares do húmido e sombrío Londres; no atraso despreocupado e caótico da sacra India. Está nas minchas e no reflexo do vidro: lonxe da realidade de cemento, buscando minchas, biosbardos ou gamusinos… É o neno tímido que xoga só, que ten un amigo imaxinario e que se avergoña de saudar aos adultos; o estudante que se resiste a terminar a carreira e facerse cargo da súa vida. É o día domingo de inverno que se pasa en cama sen asomar o nariz á rúa.

Frase: Eu creo… ou non?.
Emoción: A sensibilidade.
Elemento: A auga que alaga.

Sendo medio peixe ben que te afogas nun vaso de auga, cando maduras xa soamente pensas en vivir no teu mundo sen pensar nas canas de pescar que a vida te vai ir deixando…

 

Pisces precisa de: Sentir, ter un espazo íntimo para crear unha realidade paralela ao hostil “mundo real”, atopar unha causa humanitaria á cal servir, transcender o material.
Os seus maiores talentos: Recoñecer a súa intuición, entregarse emocionalmente aos seus ideais, saber acoller a dor ou a pena doutros, incorporar o inconsciente, o místico ou espiritual á vida.
Poder espiritual: A compaixón.

PISCES E CARALLUDO EN: Bondadosos, pacientes, imaxinativos, comprometidos, afectuosos, profundos, serviciales. Con empatía na dor e a risa; permítense ser vulnerables e conmoverse; sacrificados, simples: fáciles de contentar; adaptables, comprensivos, pacíficos, flexibles, honrados, humildes: sen pretensións. Ben conectados coa arte e os soños. Con gran emotividade; moi románticos.

PEIXES E DA CONA QUE O BOTOU EN: Fantasía constante, idealizan aos seus próximos e o que os rodea con tal de non ver a realidade; poucos prácticos e faltos de instinto de conservación: impórtalles pouco abrigarse, alimentarse ben ou pagar as contas (pasos necesarios para a adultez); néganse a crecer e facerse cargo de si, queren que alguén os manteña; dependentes; mártires, ayudadores; descoidados, autocompasivos, indecisos, cómodos, perezosos: todo é para mañá. Melancólicos, con tendencia á depresión e a envorcar a súa frustración en drogas como o alcol ou na evasión da TV.

A KRIPTONITA QUE O ESCARALLA: Crer que a súa realidade é mellor que o mundo obxectivo, perderse da súa propia realización persoal por non querer saír fóra e autovalerse; crer que a TV ou a radio acompañan.

OS SEUS GRELOS: Encheranos de atencións e mimos, coñecerán a entrega e a riqueza do subxectivo plasmada nos sentimentos, os soños, a imaxinación e a espiritualidade; verán que a intuición existe e vive en cada un de nós; terán belos momentos con moi pouco.

LIBRATE DUNHA MALA HORA: Ver os filmes de “A illa da Fantasía” ou de “Un paseo polas nubes”; ter un baño sen tina; seguir crendo no vello Santa Claus e esperalo cada 24 de decembro; facerse socio de todas as obras de caridade do país; vivir á beira dun orfanato.

O MELLOR ESTERCO PARA CARANGUEXO: Non comer chocolates nin doces nunha semana, pagar as contas anticipadamente durante un mes; un taller de mercadotecnia ou estatística; ler a biografía de Bill Gates, e levantarse antes da saída do sol para sentir a súa enerxía e ver como esperta a cidade.

AGASALLOS CARALLUDOS:  Un acuario con peixes multicolor; un día de praia; un paseo por unha institución de beneficencia; unha semana en Disneylandia; entradas para unha comedia romántica; unha invitación a un retiro de meditación; un taller de soños; un libro de Freud ou a biografía da Nai Teresa.

Autor