Horóscopo Galego predicción da Semana do 04 de xuño ó 10 de xuño de 2018

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 04 de xuño ó 10 de xuño de 2018

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

 

  • ARIES |:  As relacións afectivas non van nada ben esta semana, pode que esta semana teñas algún enfrontamento con esa persoa a que tanto odias, xa sei que e a típica que parece que non lle colle un feixón no cú, mais ti deberías ter mais estilo. Por moito que tentes avanzar en algún tipo de tarefa esta parecera entullarse, vai ser como porte a agradar a terra dun monte sen tela labrado antes. Moitas cousas van cambiar na tua vida en breve e outras voltaran a ela. Lembra que deberas ser mais teimuda porque pa beber viño hai xente pero o carallo e ir a dar o sulfato

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
  • TAURO |: As sociedades ou temas de cartos deben manexarse con coidado, amiguiños si pero a vaquiña polo que vale. Afástese de situacións imprevisibles ou de persoas conflitivas que poden ameazar a súa reputación, traballo ou futuro. Tes unha amizade da que te fias moito mais non e bo negocio, e mais falsa ca unha figura de sargadelos mercada por ali express. Falar desde o corazón é o teu mellor recurso de acción, pero se iso falla, prepárate para retirarte, deixa de buscar excusas morais e autoconvercerte para facer dano a quen non o merece. Nin bo can nin boa cadela morden a man de quen os acariña.

  • XEMELGOS |: Aprenda cousas novas e actualice o seu curriculum e as súas cualificacións para poder avanzar no traballo. Coida mellor a túa saúde física, merca un sacho no Deicalón e ponte a sachar. Non permita que as súas emocións te leven a un erro que poida causar lesións ou enfermidades, e dicir non te veñas moi arriba co sacho… Coidar a tua saude non e sachar todalas leiras galegas sen sachar. Os nenos ou alguén próximo a vostede causaralle preocupación, pode ser que sexa por exames ou similar.

  • CARANGUEXO |: Faga alteracións soamente polos motivos correctos. Négate a involucrarte nun acto impulsivo que non te beneficiará, moito ollo coas alianzas nesta semana. Non te fies nin do cura da parroquia nin da xente da taberna, pode custarlle unha amizade ou unha perda económica, mandaos e merda e botalles un peido que vale mais perder unha amizade ca un cento de tripas. Se desexa investir, poña o seu diñeiro, tempo e esforzo no beneficio persoal inviste en ti e se non gañas pois polo menos fas algo por ti.

  • LEÓN |: Esta semana ten coidado coa forma e o xeito en que manexas as súas responsabilidades profesionais, se traballas en citroen es capaz de colapsar ti solo a cadena de producción. Se pode ser, traballa ti só. Eres mais perigoso esta semana que unha raposa nun galiñeiro. Os desacordos coa familia e os amigos deixarano canso e confundido. Considere as ofertas, oportunidades e a posibilidade de cambiar o seu estado ou reputación, inda que teñas xa boa reputación non te deites a durmir que che vaia a vaca po millo...

  • VIRXE |: Esta semana vaia e participe en eventos que o poñan en contacto con persoas que comparten as súas crenzas e teñan metas de vida similares, se es unha friki de veranoa azul valo a ter fodido pero mesmo así podes atopar unha tapa para a tua tarteira. Compartir ideas achegarate a alguén que pode ampliar a túa perspectiva e axudarte a descubrir novas posibilidades. Se te gusta o licor cafe vaite ser mais doado atopar puntos en común coa xente mais ten conta de non protagonizar un livin Las Verjas a jalleja

  • BALANZA |: Esta semana prevalecerán os problemas persoais no fogar, incluso algún aparello poderia non ir ben, se fose a lavadora pois o mellor ai que voltar a empregar o pilón (e os libra sabedes moito de pilóns). Ocúpate das túas responsabilidades sen que o pidan, debes estar atento a tarefas sen rematar porque poderías levar unha sorpresa coma a que levou Pemán cando lle puxeron o da coleta. Non lle dea a ninguén unha razón para queixarse ou para que te ataquen. É evidente unha decisión seguida por un cambio nunha relación importante.

  • ESCORPIÓN |: Nesta semana preséntanse viaxes, reunións… Aproveita para degustar a merda de comida que dan nos aeroportos ou estacións e así seras mais agradecido cando comas a plato posto coa familia. Tenta reunir información que pode axudarte a saír adiante. A túa forma única de presentar o que tes para ofrecer separarate de calquera competencia que atopes, un home e un home e un jato e un misho, se es muller pois o memos pero con jata; que o refraneiro ancestral non entende de igualdade de xénero. Destácase a interacción cos pares, tenta sorte.

  • SAXITARIO |: Nesta semana intensificate e fai o que se debe facer. Fáite cargo e mostra a iniciativa colle o chimpin de cornos polos cornos, botalle jasoil e a jastar pista. A túa capacidade para adaptarte ao que se desenvolva darate vantaxe ao axudar aos demais, de todolos xeitos tenta non levar golpes na cabeza que axudando, axudando as veces algúns dos que reciben esa axuda repotan coma carneiros. Non deixes que un asunto emocional afogue a túa capacidade para facer as cousas. Merca unha prenda de roupa na feira e agasalla a un familiar..

  • CAPRICORNIO |: Nesta semana pon a túa marca persoal no que queiras, salvo que sexas grafiteiro e andes a pintar a tua sinatura nos portons. Serás visto como un emprendedor e unha persoa á que recorrer cando colabores con outros. Explora novas oportunidades inda que sexa na feira o na bolsa, se tes traballo como empregado dá as túas opinións abertamente, bueno… menos a de que os xefes son uns cabróns que igual xa o saben... Evite lesións e discusións.

  • ACUARIO |: Se nada metido na merda esa das apostas investigue antes de aceptar un xogo que implique un financeiro. A moderación e inclinarse por un estilo de vida simple serán do seu mellor interese. Poderías apostar por ir vivir o medio do monte, pero ollo que sexa urbanizable que agora fanche a foto con un dron e multa que te criou. A incerteza e a tentación porante nunha posición precaria. Enfócate no crecemento persoal pero non en medrar ao ancho senon espiritualmente e centrate en ter moita mellor saúde

  • PEIXES  |: Nestas días serás recompensado se te ofreces como voluntario para algo que require que uses as súas habilidades de diversas maneiras. Podes ir tomar un viño con algunha ex parella, vai ser produtivo. O que gañes pode ser material ou non, mais axudarate a reconstruír a forma en que avanzas e como coidas a túa saúde. Esta semana vas coñecer a alguen especial e poderías ter algún malestar, unha furriqueira das boas pode servirche para limpar ben o teu organismo.

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Deixa unha resposta