Horóscopo Galego Saxitario

|  ARIES | TAURO | XEMELGOS | CARANGUEXO | LEÓN | VIRXE | BALANZA | ESCORPIÓN | SAXITARIO | CAPRICORNIO | ACUARIO | PEIXES  |

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

SAXITARIO
Saxitario, 23 de novembro – 21 de decembro

Vida afectiva: Gozar
Corpo e alma: Aceptar
Área laboral: Negociar
Lecer: Arte

COMO É SAXITARIO

Saxitario, 23 de novembro – 21 de decembro

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Saxitario está esperando polo seu próximo voo onde percorrerá terras estrañas e traerá unha chea de fotos; é o lume na punta das frechas, o mesmo lume que antes fundiu o metal e o vidro, o sol morno do atardecer; está no entusiasmo dunha nova aventura, no neno que cre que sería capaz de comerse todos os doces da confeitaría. É o profesor entregando a súa doutrina na sala de clases ou o mestre espiritual.

Frase: Eu comprendo… a existencia.
Emoción: O optimismo.
Elemento: O lume que transforma todo o que toca.

Das mais voltas ca unha peonza, pero se non te mareas… quen te vai quitar o que tal bailaches? ¡Eres comp a saia da Carolina en estado puro! Cando fuxas da rutina tenta non levarte moita xente por diante…

Saxitario precisa de:  Expandir os límites, crecer, viaxar e coñecer novos mundos, atoparlle sentido á vida, ter ideais polos que loitar.
Os seus maiores talentos: Abrir horizontes á súa vida e aos demais, contaxiar o seu entusiasmo, o espírito de exploración do mundo, entregar o que saben.
Poder espiritual: A procura.

SAXITARIO E CARALLUDO EN: Libertarios, independentes, xoviais, aventureiros, idealistas, con conciencia social, amigables, ousados, profundos, grandes mestres, adaptables: excelentes viaxeiros. Éticos, intelectuais, bos filósofos, con ideas claras.

SAXITARIO E DA CONA QUE O BOTOU EN: Esaxeración esaxerada, dogmático: a súa visión é a verdade; desatinados: capaces de dicirlle a noiva (en pleno matrimonio) que o seu vestido está pasado de moda; invasivos con preguntas incómodas, pouco sutís; copuchentos; caprichosos, aduladores, inconsecuentes cos ideais que pregoan, intolerantes.

A KRIPTONITA QUE O ESCARALLA: Crer que o fin xustifica os medios, que a verdade doutros pesa menos e que a mesura é aburrida.

OS SEUS GRELOS: Sen dúbida, viaxarán ou, polo menos, contactaranse co estranxeiro; sairán do termo medio para coñecer a abundancia, contaxiaranse da súa procura e, probablemente, terminen nun taller ou curso que alimente as súas vidas.

LIBRATE DUNHA MALA HORA: Ter pais restritivos e crer que iso é a vida; ter vertixe ou terror aos avións, vivir nun pobo illado, ter como pai ou nai ao chanceler do país e non poder acompañalo, facerlle caso ás súas esaxeracións sen reflexionar, crer que o crecemento persoal é cuantitativo no canto de cualitativo.

O MELLOR ESTERCO PARA CARANGUEXO: Participar dun reality e logo observar todas as súas esaxeracións; tomar un curso de protocolo; facer clases; coñecer en profundidade a un Virgo ou pasar un día cun Escorpión para coñecer o lado real e escuro da vida.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

AGASALLOS CARALLUDOS: Un pasaporte novo, un bo revolcón, unha lupa, un compás, unha alfombra máxica; “O home en busca de sentido” de Victor Frankl; unha lousa, un libro de medicamentos chineses ou acupuntura, un birrete para a súa próxima gradación.