Horóscopo Galego Semana do 02 de xullo ó 08 de xullo de 2018

Horóscopo Galego Semana do 02 de xullo ó 08 de xullo de 2018

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 02 de xullo ó 08 de xullo de 2018 Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…   ARIES |:  O Cuarto Menguante no teu signo, non evitará que chegue a ti o enésimo mangante… ten conta con

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 02 de xullo ó 08 de xullo de 2018

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

 

  • ARIES |:  O Cuarto Menguante no teu signo, non evitará que chegue a ti o enésimo mangante… ten conta con roubos ou enganos. Mesmo así será como un sopro de aire fresco para deixar atrás os desgustos do pasado. É unha semana favorable para iniciar algo novo, xa sexa unha empresa nova, un proxecto, uns cursos de rapar ovellas, unha relación de parella, Necesitas centrarte no presente e afastarte de persoas negativas, vale mais aturar un saco de pulgas mercadas en Amazon que esa amizade mais tóxica que o licor cafe que bebes na casa de teu sogro.

 

  • TAURO |: Déixate guiar polo teu teimudo corazón, xa sabes o que te guía polo amor no primeiro ano, non o que te guía polo maquiavélico despois… para non equivocarte e para atopar unha solución a algo que te está perturbando, deberías meditar sachando nas patacas sobre o verdadeiro sentido da vida, polo menos desta vez da tua e non meterte na dos demais (sacha sola, pero sacha para ti). Momentos de inquietude e algún sobresalto, pero tamén sorpresas que debuxarán un belo sorriso. Aclara malentendidos.

  • XEMELGOS |: Vas a andar moi angustiado, sentiraste como na noite de San Xoan sabendo que non ataches a cancela nin o carro cunha cadea. Non poderás evitar sentirte un pouco contraditorio, e debes tentar ser claro coma se os romanos nunca houbesen estado en Galicia para que os malentendidos non te perxudiquen. Antes de tomar unha decisión, ten en conta que mandar a tomar polo cú; tamen pode ser unha sabia decisión. Se sufriches tensións e distanciamentos, vas poder reconciliarte.


  • CARANGUEXO |: Felicidades andas coma se non te collese un feixon no cú!. Contas coa sorte de cara e con ganas de traballar duro polo que queres, o triunfo non se fará esperar, salvo que apostases por De Gea. O Sol no teu signo favorece as túas iniciativas e faite imparable, aproveita para poñerte morena e bota protección porque estas cunha traxectoria ascendente. No amor, obterás a resposta que buscas se te atreves a expresar o que sintes.

  • LEÓN |: Co tránsito dos planetas Venus e Mercurio polo teu signo vas vivir unha semana máxica, e ti xa tes maxia de por si… O teu carisma será indiscutible, esta semana ti serás coma Galloso coas vellas un venres a noite e será difícil que che den un non por resposta. Tanto se tes unha cita importante coma se non, énchete de carraxe e declaralle o que sintes por el, que o triunfo é teu, pero leva medidas que pode haber patinazos e o que te chegue os 9 meses igual non o pediches en ali express.


  • VIRXE |: Podes ter unha semana complexa de xestionar de tensións no ámbito familiar, vai parecer a cena de noiteboa, pero vas tomar unha decisión ou licor cafe que axudará a acougar o ambiente. Terás que loitar polos teus intereses e esixir o que é teu, e non vai a faltar a enerxía para conseguilo. Déixate levar, se andas namorada en segredo declarate sen medo e non queiras controlalo todo porque todo esta fora de control, coidado coas comidas que esta semana poderías ter unha furriqueira das de libro de terror.

  • BALANZA |: A renovadora enerxía do Cuarto Menguante (non e ningún político) enfronte do teu signo anímate a facer cambios que terán un efecto positivo na túa vida. É un bo momento para namorarte ou para que te toque a primitiva (a tua veciña non, a loteria… bueno, se te gusta a primitiva esa pois que te toque ela tamen…) e dar renda solta ás túas emocións, se simplemente te bloquea o medo deberías de deixalos e falar con ela, sen medos nin desconfianzas que poidan condicionarte.

  • ESCORPIÓN |: Atravesas un momento espléndido para os temas profesionais salvo que vendas maquinas de escribir, e terás unha visión das cousas distinta á dos que te rodean, guíate por esa visión diferente salvo que vaias todo mazado de licor café. Os teus sentimentos serán intensos e o amor axudarate a desconectar de rutinas e responsabilidades, pero non esquenzas esa data cercana especial e vai mercando un agasallo xa, que tes unha empanada mental de carallo. Gozarás ao máximo de novas experiencias.

  • SAXITARIO |: O Cuarto Menguante vaite a axudar a liberarte de cancelas e impedimentos que están a obstaculizar os teus plans. Necesitas resolver temas pendentes para centrarte no que te interesa. Se hai algo do amor que te preocupa, deberías de darlle mais o trompicallo e menos a cabeza, de todolos xeitos os bos aspectos que te trae Venus axúdante a solucionalo e non hai mal que por ben non veña, toda tapa ten a sua tarteira.

  • CAPRICORNIO |: Vas atopar os apoios verdadeiros que necesitas para levar a cabo as túas iniciativas, pero non por ali express senon nos teus mellores amigos ou familiares. Apaixonarante os retos e non deixarás de loitar; como quen se engancha a un videoxogo deses de merda, loitarás polos teus intereses porque algo dentro de ti dite que estás cada vez máis preto dos teus soños. Pensa sempre en positivo e afástate do que non te fai feliz, incluida a amizade esa tóxica.

  • ACUARIO |: É o momento de tomar algunhas decisións; nunca e doado tomalas pero sabes que tes que facelo, fai coma no escondite: Sal e berra “por min e polos meus compañeiros”. Cambios que te leven a recuperar as ilusións para que a túa vida transcorra de xeito máis pracenteiro. Se cadra te estes expondo a dar un cambio á túa vida amorosa, e agora poderás facelo e facelo digo en todos os sentidos... Os días 31 e 1 a Lúa transitará polo teu signo e terás unha maxia especial, pero con ela non precisas de trucos!

  • PEIXES  |: Estás moi creativo e enxeñoso, eres tan creativo que agora mesmo poderías pintar o sacho de cores e asemellarse a un cadro de Dalí. Poderás levar a cabo algo que tes en mente deNde hai tempo. A enerxía lunar renóvate e calquera pequeno cambio que fagas na túa casa ou na túa imaxe darache boa sorte. Déixate levar polo que sintes, que podes iniciar unha relación moi especial e bonita, se masi sensible en xeral e atoparas a tapa da tua tarteira no caso de non tela…

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor