Horóscopo Galego Semana do 12 de agosto ó 19 de agosto de 2018

Horóscopo Galego Semana do 12 de agosto ó 19 de agosto de 2018

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 20 de agosto ó 26 de agosto de 2018 Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…   ARIES |:  Descubrirte a ti mesmo esta semana fará que sexas mais confiado e mais instintivo. Nos negocios vas parecer

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 20 de agosto ó 26 de agosto de 2018

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

 

  • ARIES |:  Descubrirte a ti mesmo esta semana fará que sexas mais confiado e mais instintivo. Nos negocios vas parecer un feirante experto nivel Deus. O amor traerá frescura á túa vida, mais non durmas co cu para o aire que podes coller un catarro.

 

  • TAURO |: Non te deixes levar polo pesimismo porque inda che vai ir pior, a tua capacidade túa para resolver problemas non e de fiar cando non tes razón. Tenta relaxarte e leer, meditar analiza as pequenas cousas.

  • XEMELGOS |: Podeste atopar moi decaído e necesitas un millón de euros e una chisca de entusiasmo e serenidade. A pesar dos problemas, vas resistir sen deixarte comer o terreo, salvo que se trate do monte de venus e te pete!O planeta Venus e o teu poder de sedución será un alicerce para que esta semana a tua casa pareza Sojama e Jomera

  • CARANGUEXO |: O teu don de xentes e facilidade para coñecer xente nova abriranche moitas portas que despois pecharás ti só. Podes escoitar o teu interior e descubrir cousas descoñecidas do teu corpo. No eido sexual tamen

  • LEÓN |: Vai ser a tua mellor semana do ano, parecerá que che tocaron 4 touras no bingo, o Sol transitará polo teu signo ata o día 23 e vas gozar dunha gran coraxe, para demostrar o moito que vales e no amor obterás a túa gran recompensa.

  • VIRXE |: O día 23, o Sol ingresa no teu signo e non te van cobrar o imposto o sol, os astros vanche traer a teu fogar e a ti un período moi afortunado. Vas ser todo un Ferrari nas relacións sexuais esta semana e ten conta con non furar de mais…


  • BALANZA |: Vas parecer o mais independente e crítico do mundo, inda mais que a cotío e vas facer o que cha saia da colloada (o que te pete para os que non saben de anatomía). Persoas que non dan nada positivo e que non podes aturar na tua vida. A túa economía vai mellorar.

  • ESCORPIÓN |: Vitalidade e afouteza que non se deterá ante ninguen. Podería chegar un amor máxico, pero ollo cos trucos de maxia. Necesitas vivir experiencias novas na vida e no amor, pero analiza ben que non sexa una maxia efímera.

  • SAXITARIO |: Estás con ganas de gozar deste verán. Os días 19 e 20 a Lúa transitará polo teu signo e serán días de festa jolgorio e no amor máxicos. Concerta unha cita amorosa ou sexual porque vas arrasar coma a “Saia da Carolina nunha festa Rave”.

  • CAPRICORNIO |: Estarás un pouco impulsivo, ten conta o volante e cos retos do tipo: “a que non tes collóns…”. Pensao duas veces antes de que parezas un axotador de cabras no monte. Os días 21 e 22 gozarás da protección da Lúa, aproveita para facer Ioga ou mandarlle unas tazas de tinto de Rubios ou Barrantes cos colegas

  • ACUARIO |: O teu poder reside esta semana nesa abareixa que cajou por riba tua, sedución e impacto para iniciar unha relación. Quererás superarte a ti mesmo e sexualmente estaras con grande actividade… Escolle ben os retos e desfruta desta semana

  • PEIXES  |: O Cuarto Crecente énchete de vitalidade e fai confies mais ca nunca nas túas posibilidades. Saberás potenciar o amor, vas deixar de ser o actor secundario e recuperar o protagonismo que te arrebataron. Vas poder picar mais ca una velutina nunha praia nudista

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor