Horóscopo Galego Semana do 28 de maio ó 03 de xuño de 2018

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 28 de maio ó 03 de xuño de 2018

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

 

  • ARIES |:  A enerxía da luna esta semana vai ser como aqueles carros de bois no teu signo, a semana e tan, tan favorable contigo que o que te propoñas valo a conseguir. No amor, e momento de poñer o piloto automático e deixarse levar como se foses nunha procesión na romeria do teu pobo. Tempo atrás puideches vivir momentos de turbulencias como os avións de Ryanair aterrando en Vigo, pero as tensións co tempo son como as tangas da tua veciña colombiana; suavízanse pouco a pouco e ceden para deixar espazo a outra fase. Nesta semana vivirás instantes marabillosos se deixas aflorar o que sintes, e unha semana tan especial que incluso deixando aflorar un peido de fabada; todo vai sair ben. Podes iniciar algo moi positivo no  traballo poou no persoal. É o momento de apostar forte, pero sobre todo por ti non nesa merda de apostas online.

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
  • TAURO |: Os astros co planeta Mercurio no teu signo vanche dar mais claridade que nunha taza de viño blanco de cartón, sobre todo claridade mental. Esta semana saberás afrontar con éxito calquera novo proxecto ou terefa que te asignen, estarás o cen por cen ante calquer imprevisto que xurda. Non permitas que problemas que non son teus impidan a tua felicidade. O que queira peixes que molle o cu e maila cona ti centrate en ser feliz e goza do que a vida che vai a dar, se che da moitos kiwis non suele ser a vida senon a veciña, pero inda non e o tempo deles. Podes recibir un diñeiro inesperado que che virá de marabilla, co aforricas que eres seguro que toda a semana estarás contenta xa solamente por iso.

  • XEMELGOS |: A semana vai a ser moi, moi positiva. Terás a  enerxía que recibes do Sol e o bo e que esa enerxia de momento non ten taxas do goberno. Esa enerxía especial empúrrate a vivir intensamente como se foses seguidor da Panorama en agosto,  debes de tomar a iniciativa e celebrar esta semana pero coidado co viño ou a merda esa que bebas nas celebracións. O día 29, o planeta Mercurio ingresa no teu signo, a partires dese dia virase favorecendo o diálogo e potenciando a túa intelixencia, lástima que non e adiques a política e amañes esta embrullada. A Lúa Chea dá o equilibrio emocional que necesitas e harmoniza a tua enerxía e os teus pensamentos na túa vida.

  • CARANGUEXO |: Júpiter e Venus estanche dando boas vibracións,terás un intenso poder de sedución como se foses unha bailarina da Panorama nas festas da aldea, pero debes ser desconfiada porque as envexas asexan ese a envexa fose merda non chegaban os pozos nejros. Non airees os teus plans e vai paseniño, paseniño.  A xente nova e a leña verde disca que todo e fume, tenta non ser ningunha das duas cousas esta semana. Boa sorte en xeral co número 8, podes coñecer a alguen especial se estas solteira, o coñecela igual se xa estas con alguen… o demais depende de ti, nos soamente te dicimos o que vai pasar non o que debes facer coa tua parella, para iso xa están as tuas amigas; as que te asesoran mal!

  • LEÓN |: A enerxía lunar desta semana vaite a favorecer no azar e na sorte en xeral, esta semana vas ser ti quen este caghada pola bareixa da sorte. Estarás esplendida no amor e nas relacións coa familia. Estás nunha semana especial para ti porque podes acadar o que ti queiras, vas estar emprendedora e resolutiva, leva bragas limpas e vai podar os cañotos das pernas que e vas gozar dun poder de sedución moi especial. Necesitas resolver cousas do teu pasado que poden estar a condicionarte no teu presente, se e un tema da compañia de teléfonos e estas ata a cona deles consulta cunha asociación. Atento ás oportunidades, que pode ser unha semana na que podas astablecer algunha alianza potente ou coñecer alguen que te poda axudar.

  • VIRXE |: Semana de confusión e malos entendidos, vas rematar a semana ata o carallo ou o seu homologo feminino, e dicir ata a cona. Sentirás confusión, malestar e pouco claridade mental e os malentendidos sobre todo no ámbito familiar podense dar con mais frecuencia que os fentos ou os alcolitros (eucaliptos para os pijos). Aínda que apetéza estar só, non vas ter moita posibilidade fai un esforzo e sobrevive con paciencia a esta semana na que o mellor de todo vai ser o momento no que leas esta predicción e sexas consciente da merda de semana que te agarda. Se prudente cos cartos porque poden vir gastos cos que non contabas, un recibo dun seguro ou algo similar.

  • BALANZA |: Vas estar como se foses un ministro dalgún país europeo que non sexa España: moi brillante e comunicativo, e terás as ideas moi claras como a auga que lle botan o viño algúns fillos da cona que os botou. Saberás o que queres e tamen como conseguilo, o demais será esforzo pero xa estás acostumado. Estarás moi receptivo e traballador. Esta semana no traballo ou no tempo libre tomando uns chatos podes coñecer a xente interesante que veña a tua vida de casualidade e achegue outros puntos de vista que muden para ben o teu futuro. É un momento moi, pero que moi positivo para iniciar unha relación amorosa ou intensificar a que mantés. Ollo! poderás ter algunha furriqueira como consecuencia de algún virus, e se non e un virus da igual total vai ser o que che diga o médico.

  • ESCORPIÓN |: Busca elevar o teu nivel de enerxía, dirixir a túa vida persoal e familiar con maior entusiasmo, o teu corpo e unha maquina case perfecta que precisa de ser coidado e optimizado, eres como un chimpin pasquali, pero tes que facerte unha posta a punto. Fai ioga, pintura, xardinaría ou algo que che axude, salvo se eres un tamancas e te de por andar coa motoserra. Tes que te coidar ti a ti mesmo, déixocho de tarefa para esta semana. Centrate en facer algo por ti, pasea, sal mais da casa e pensa que as empanadas de zamburiñas non se saborean por facebook nin twitter. Pode que  esta semana con alguen en quen confias leves un carallo coma un brazo.

  • SAXITARIO |: Vaste a dar contra unha parede continuamente,  pareceras un carneiro bravo repotando contra unha rocha, se queres chegar a bi fin vas ter que deixar de ser tan teimuda e ceder. Coa Lúa Chea no teu signo, o día 29, faras todo o que queiras xa que te vai dotar de unha vontade férrea e teimuda ate o éxito. Esta semana deberías chamar a esa persoa que levas xa tempo querendo chamar e preocuparte un pouco por ela, tes juasap, mail, chamadas gratis e soamente pos excusas que nin que  fora unha plegaria facer unha chamada ou mandar un juasap. Poida que algo te faga estar mais tempo coa túa familia, se a relación non e boa paciencia, se e boa aproveita para facer un xantar deses escachaanalíticas.

  • CAPRICORNIO |: Algúns bloqueos mentais pódenche estar a angustiar por dentro, se soamente son mentais tenta relaxarte botando un bo canivete, se ademais andas entullado a nivel intestinal toma mais kiwis e vas parecer unha galiña choca. Andas moi atarefada pero a Lúa Chea do día 29 vaiche axudar a ordenar os teus pensamentos e a porlle canizas os teus desvarios, tenta reflexionar e mirar no teu interior para atopar as respostas que necesitas. Tanta merda de google e redes sociais, pero moitas respostas so están no teu interior. Necesitas mostrarte dialogante e flexible no amor e no sexo, busca novas posturas e a botar canivetes. Non malgastes enerxías e coida a tua dieta.

  • ACUARIO |: Andas nas berzas de tal maneira que as veces o teu cerebro parece unha empanada de biosbardos, mais temos unha boa nova: a máxica Lúa Chea transmíte unha positiva enerxía máxica para que poidas cumprir un soño que te ilusiona tanto. No eido profesional, poden xurdir oportunidades xeniais que te leven de supeto ou pouco a pouco onde sempre quixeches estar, xa sabes que con paciencia e cuspe… en galego non rima…  Ca enerxía que transmite Marte os de Fenosa embargariante ata as bragas, pero esta semana esa enerxia está de balde no teu signo, non te deteñas ante nada, salvo que sexa un control de tráfico da garda civil.

  • PEIXES  |: Aposta alto por ti porque vas gañar seguro, esta semana e especial para ti. Vas estar moi activa e pareceras o Amancio Ortega da tua contorna en canto a ser emprendedor, esta semana estarás o cen por cen e non vas a aturar a falta de iniciativa na túa contorna, vas ser a típica que diga “menos samba e mais traballar”. No eido profesional pode rexurdir con forza un proxecto ou barallada que xa nin lembrabas ou crías perdido. No amor, estás feita unha verdadeira escacha patacas unha verdadeira sedutora. Darás o mellor de ti e amosaras a tua mellor versión conquistarás a quen ti desexes e ollo… fará o que ti desexes sen piar.

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Deixa unha resposta