|  ARIES | TAURO | XEMELGOS | CARANGUEXO | LEÓN | VIRXE | BALANZA | ESCORPIÓN | SAXITARIO | CAPRICORNIO | ACUARIO | PEIXES  |


HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

TAURO
Tauro, 22 de abril – 21 de maio

Vida afectiva: Rirse, rencor, austeridade
Corpo e alma: Valorar
Área laboral: Limpeza
Lecer: Celebración

COMO É TAURO:

Tauro, 22 de abril – 21 de maio

Tauro está na beleza dun parque con moito pasto, flores e árbores, tauro sementa e recolle os froitos da terra sementada, tauro goza no deleite dun rico chocolate que se desfai no padal, dun cocido na casa da avoa ou no pan recentemente saído do forno de barro; nos froitos do xardín do Edén. Tauro permanece: como as institucións sólidas e tradicionais, como a receita caseira que pasa de xeración en xeración, simple e testaruda tamén fai o seu con propiedade, cos seus acertos e desacertos.

Frase: Eu teño…vida.
Emoción: O goce.
Elemento: A terra que germina lentamente.

Os Tauro son mais prácticos que intelectuais e, como lles gusta la continuidade e a rutina, son de ideas fixas. Non meten o pé nin en auga quente

Tauro precisa de: Tempo, estabilidade material, sentir que pertencen a algo (ou a alguén) e vivenciar a realidade a través dos sentidos.
Os seus maiores talentos: Constancia, paciencia, ofrecer seguridade aos demais e mostrarlles o valor do material plasmado no mundo práctico.
Poder espiritual: O apromo.

TAURO E CARALLUDO EN: Práctico, produtivo, perseverante, amoroso: entregan agarimo; gozadores da vida e da materia, sibaritas, grandes anfitrións, sensuais, con habilidades artísticas e bo gusto, sólidos, respectuosos das tradicións, reservados; fortes, confiables, ben conectados co diñeiro. Recoñecen a sabedoría da natureza cos seus ciclos e ritmos.

TAURO E DA CONA QUE O BOTOU EN: Comodidade, obsesionados co consumo ou o luxo, teimosos con letra maiúscula, obcecados, capaces de aguantar moito abuso nas súas relacións, posesivos, controladores e restritivos cos outros, peche en si mesmos; valoran o coñecido e desprezan o novo, necesitan “ver para crer” e desconéctanse da capacidade de soñar ou da súa propia intuición; materialistas: acumulan e ambicionan.

A KRIPTONITA QUE O ESCARALLA: O gran temor aos cambios e a renovarse, e quedar pegados no que para eles é seguro, así sexa doloroso, escuro ou indigno.

OS SEUS GRELOS: Nunca lles faltará que comer xunto a eles, móstranlles a simpleza da vida e, se lle importan, daralles protección a toda proba. A súa fortaleza pode inspirar a moitos, en especial a Pisces.

LIBRATE DUNHA MALA HORA: Quedar en casa como deporte favorito, comer en exceso, ter como parella a un vendedor viaxeiro ou a un trapecista de circo, crer que o cartón de crédito aguántao todo e que os chocolates alimentan.

O MELLOR ESTERCO PARA TAURO: Coñecer de preto a un Saxitario que os faga moverse; camiñar pola vereda de en fronte, facer dedo na estrada e irse a traballos voluntarios un inverno.

AGASALLOS CARALLUDOS: Un espello, flores ou unha planta que dure moito, invitacións a cócteles e eventos varios, un día de campo con mantel incluído, libros de cociña, un xantar no xardín, cadros de Cezanne; unha invitación a un ritual con comida incluída.

|  ARIES | TAURO | XÉMELGOS | CARANGUEXO | LEÓN | VIRXE | BALANZA | ESCORPIÓN | SAXITARIO | CAPRICORNIO | ACUARIO | PEIXES  |

Autor