Horóscopo Galego Virxe

|  ARIES | TAURO | XEMELGOS | CARANGUEXO | LEÓN | VIRXE | BALANZA | ESCORPIÓN | SAXITARIO | CAPRICORNIO | ACUARIO | PEIXES  |


HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

VIRXE
Virgo, 23 de agosto – 21 .de setembro.

Vida afectiva: Novas experiencias
Corpo e alma: Rirse do ego
Área laboral: Administrar
Lecer: Invitacións

COMO É VIRXE:
Virgo, 23 de agosto – 21 de setembro.

Cando no campo comeza a colleita dos froitos, Virgo sintese extasiado: chegou a hora de clasificar, de definir que faremos coa vida, de porlle orde, lugar e limpeza ás cousas. O esterco na terra e a nai da colleita. Virxe ten o mesmo espírito exemplar dos ecoloxistas que, con conciencia social, separan o lixo para non seguir danando á nai Terra. Virgo está nas plantas medicinais dun herbario, no aire diáfano despois dunha noite de choiva na cidade; Cando a ruliña rular, colle o foliño e vai sementar…

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Frase: Eu analizo…a vida.
Emoción: Sentirse útiles.
Elemento: A terra traballada.

Con toda a súa lóxica e a súa precisión nada deberías ter errado, mais non e así, non por moito calcular saen as contas da leiteira… e menos cando as vacas son fracas..

Virxe precisa de: Orde externa e interna, espazos limpos, non sentirse expostos.
Os seus maiores talentos: Entregarse a causas útiles, intelixencia práctica, recoñecer a importancia dos detalles e profundar no mundo físico.
Poder espiritual: O servizo.

VIRXE E CARALLUDO EN: Non necesitan de recoñecemento para axudar, coidadosos do seu ambiente e o dos demais, eficiencia, planificación, orde, ben conectados co diñeiro, respectuosos do seu corpo, con gran capacidade de concentración. Cunha rica intelixencia corporal para deportes, disciplinas e expresións artísticas.

VIRXE E DA CONA QUE O BOTOU EN: Crítica e descualificación, obsesión polos detalles, a limpeza e a orde; maniáticos, hipocondríacos. Mata paixóns: pérdense momentos preciosos porque o outro non está limpou ou ordenado, ou porque o lugar non é “perfecto”; sen sutilezas, controladores de si e dos demais, priorizan a razón antes do sentimento. Inseguros e inexpresivos coas súas emocións. Cren que o traballo é a vida.

A KRIPTONITA QUE O ESCARALLA: Crer que a perfección existe e que é sinónimo de completitud.

OS SEUS GRELOS: Levaranos polo camiño máis curto e práctico cara a calquera destino, asesoraranos coas súas contas, inspiraranos coa súa disciplina no coidado do corpo, da saúde ou do ambiente, e recibirán a súa axuda sempre entregada, útil e eficaz.

LIBRATE DUNHA MALA HORA: Dedicarse a actividades moi racionais que non deixen espazo ao sentimento ou á intuición, ter un fillo punk, hippie ou rasta; vivir a lado dun local de comida rápida.

O MELLOR ESTERCO PARA VIRXE: Ir a un ritual chamánico, non criticalo e deixarse sorprender; non bañarse en tres días e observar a beleza e sabedoría do seu corpo.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

AGASALLOS CARALLUDOS: Un set de especias para cociñar, plasticina, mostacillas para facer colares, un crebacabezas de 5 mil pezas, calquera produto reciclado e útil, xogos de enxeño, unha visita a unha granxa educativa; unha clase de biodanza.