Horóscopo Galego Xemelgos

|  ARIES | TAURO | XEMELGOS | CARANGUEXO | LEÓN | VIRXE | BALANZA | ESCORPIÓN | SAXITARIO | CAPRICORNIO | ACUARIO | PEIXES  |


HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

XÉMELGOS, XEMINI
Xémelgos, 22 de maio – 21 de xuño.

Vida afectiva: Pausa, cautela, dualidade
Corpo e alma: Gozar
Área laboral: Proxectos
Lecer: Viaxes

COMO É XÉMINI: Xémini é de contemplar a cidade dende unha avioneta, o aire fresco que pega na cara e desordena o seu cabelo, pero ollo con tanto voar que as veces paras a repostar no sitio menos indicado. É o parlanchín, entretido, xenial e hiperactivo burricán se no un de abril van os burros onde non deben ir… alí podería estar xa un xemini! 

Xémelgos, 22 de maio – 21 de xuño.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Frase: Eu penso…queres saber que?
Emoción: A curiosidade. E boa espreitando todo
Elemento: O aire que renova e aliviana o ambiente.

Xemini e unha espreitas de moito carallo, pero a curiosidade matou o gato, ollo! Cando vaias aterrizar ten conta de que non sexa un dia deses que te teñen que desviar a outro aeroporto!

Os xemelgos precisan de: Aprender cousas novas, movemento, socializar, estar conectados co mundo e comprender a vida.
Os seus maiores talentos: Comunicar facilmente as ideas propias e doutros, adaptarse moi ben aos cambios, facer dous, tres e máis cousas á vez con eficiencia, e o enxeño para solucionar ou facer rir.
Poder espiritual: A aceptación.

XÉMINI E CARALLUDO EN:Creatividade, gran capacidade de síntese, amigables, con moito sentido do humor, divertidos. Atrévense a ver o luminoso e o escuro das cousas; bos organizadores de eventos ou reunións, acolledores, alegres; actúan con independencia e claridade en situacións límite; non teñen prexuízos para aprender o novo; danlle valor á experiencia.

XÉMINI E DA CONA QUE O BOTOU EN: Charlatanería uns falabarato de moito carallo, moito pico e pouca pala, unha lingoreta de carallo, falan do que non saben; desconéctanse da emoción e danlle prioridade á mente; temperamentales: perden o equilibrio da súa dualidade; nerviosos, frívolos: preocupados da “farándula” local, do barrio e do colexio, dispersos: perden enerxía nun abanico de cousas no canto de focalizarse; dubitativos; cunha incapacidade de estar en silencio e de atoparse.

A KRIPTONITA QUE O ESCARALLA: A superficialidade da “boa onda” que non mide os riscos que corren ao entrar nunha relación, lugar ou trato. Crer que o novo necesariamente é bo.

OS SEUS GRELOS: Xamais se aburrirán xunto a eles, rirán moito, viaxarán aínda que sexa en micro, alegraranos cando decaian; saben ou aprenden a manexar calquera aparello tecnolóxico que “supere” a outros.

LIBRATE DUNHA MALA HORA:  Traballar sós, sen equipo; esquecer pagar o teléfono e quedar incomunicados; ser mellores amigos dun cura, dun xuíz ou de calquera que deba gardar confidencialidade sobre o seu labor. Que un dos seus pais -ou a súa parella- sexa o dono dun medio de comunicación.

O MELLOR ESTERCO PARA os XEMELGOS:  Meditación, respirar profundo para baixar a terra, practicar a cerimonia tibetana do té; facer xaxún de televisión por unha semana. Ioga.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

AGASALLOS CARALLUDOS: Unha invitación ao cinema ou ao teatro para unha estrea, tickets de avión, bus ou metro; un domingo pola cidade con xantar e sobremesa incluída, un libro áxil e didáctico sobre algo que eles queiran aprender, unha subscrición a unha revista de opinión; un notebook con Internet inalámbrica.