Horóscopo Semanal do 10 de setembro ó 16 de setembro de 2018.

Horóscopo Semanal do 10 de setembro ó 16 de setembro de 2018.

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 10 de setembro ó 16 de setembro de 2018. Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade… 1º horóscopo en Galego, feito 100% no Jrove   ARIES |:  A Lúa Nova transmite a aries a necesidade de coidarse. 

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 10 de setembro ó 16 de setembro de 2018.

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

1º horóscopo en Galego, feito 100% no Jrove

 

  • ARIES |:  A Lúa Nova transmite a aries a necesidade de coidarse.  Esta lúa tamén favorece a túa vida profesional, e tempo de vendima e a boa colleita vai a recoñecer os esforzos. No amor, vades parecer dous ruliños empalagosos, mais a complicidade vai ser mellor ca do Dioni en Brasil coas brasileiras…

 

  • TAURO |: Con venus no teu signo vas a experimentar unha paixón irracional e emocións moi vivas. Lembra de coller xeles de prazer a parte de mercar cera depilatoria, vaslle dar uso mais dunha vez… É o momento de sentirte atractivo e pasar a acción. Dogo busca Doga… ou doga busca dogo… e dicir andaras coma un can ou unha cadela…

  • XEMELGOS |: Liberaraste de ataduras que te frean, o prezo do gasoil vai ser o único que te poña freno, máis a ponte de Rande, claro!. A Lúa Nova favorece o teu fogar e familia. Non confíes en quen non coñeces, debes ser moi cauto cos teus comentarios. Podes facer unha boa inversión se invistes en algo que coñeces ben, pero non me refiro a investir no tu cuñado!


  • CARANGUEXO |: Brillarás máis co arroz ese que se come con jafas de sol, serás aceptado alí onde vaias salvo que sexas árbitro de fútbol que sempre caen insultos. Van xurdir oportunidades profesionais e compensacións económicas. Terás a oportunidade de pedir desculpas a esa ex parella a que lle fiseches daño polos teus impulsos destructivos.

  • LEÓN |: Cara de cona vai ser a mellor definición desta semana, teras que loitar con malentendidos e problemas de comunicación, inda así a Lúa Nova axúdache a solucionalos. No amor… vai ser algo relacionado coa maxia, e dicir nada por aquí, nin nada por alá…

  • VIRXE |: A Lúa Nova e a guía para os teus pasos cara o éxito. Mente áxil e aguda, vas parecer a tua veciña que se entera de todo. Estes días vas perder a cabeza e volver tolear na cama como xa fai tempo que non o facías. Ten conta cos tremomores de terra que igual os estás orixinando ti esta semana.

  • BALANZA |: Poden asaltarte aspectos negativos e inseguridades onde sempre eres seguro… O día 11 Marte dache afouteza e loitarás con coraxe, ergueraste con máis forza ca nunca e vas ter que seguir nesa actitude para triunfar. Sobre novembro e decembro chegará o éxito final. Vas ter que ter máis paciencia ca un santo vendo tanto puteiro na igrexa.

  • ESCORPIÓN |: Venus chega o teu signo o día 9, vas vivir as nove semanas e media nesta semana, coida o ámbito laboral, poida que te sintas  con gañas de contar ata nove e zouparlle unha ostia o xefe, máis antes o lóxico e buscar un tipo de traballo totalmente diferente.


  • SAXITARIO |: Días de envexas e traizóns! Ten as costas ben cubertas polo menos ata a Lúa Nova vas ter éxito, mais non te fies de ninguén. Aproveita o amor para levar una vida mais divertida e despreocupada, podes manter relación nun baño público ou ir o circo e darlle co latego dos leóns a túa parella, pero pasao ben…. O teu optimismo levate coma as hidroeléctricas a gañar sempre.

  • CAPRICORNIO |: A lúa nova ten un efecto renovador sobre ti, debes aproveitar para mirar no teu por ti mesmo. Vas pechar acordos positivos, desfrutarás de eventos familiares a pesar da sojra, poderás atoparte con vellos amigos… Pero pensa que un peido a tempo pode axudar a liberar esa incomodidade abdominal.

  • ACUARIO |: Coa Lúa Nova unha enerxía renovadora empúxache a cambios. O día 11Marte ingresa no teu signo e non vai a faltar enerxía, terás unha afouteza propia de Viriato e debes aproveitala para construir a tua Galia mental. Xa e hora de que protexas a túa cabeza con pensamentos bose non con merda….

  • PEIXES  |: Hai algo mais persoal que a roupa interior? Pois por iso andas preocupado por algo persoal… a enerxía lunar vaiche a dar o equilibrio perdido, e todos eses medos vanse esvaecer coma os billetes de 50 euros na carteira. No amor, fuxirás do compromiso e non vas querer porte canca ninguha no pescozo.

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor