Horóscopo Galego predicción da Semana do 24 de setembro ó 30 de setembro de 2018.

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

1º horóscopo en Galego, feito 100% no Jrove

 

  • ARIES |:  Rexurdirá algún proxecto que quedou paralizado pódelo retomar con máis forza que nunca. A Lúa Chea, o día 25 no teu signo, achégache unha enerxía que ninguén poderá eclipsar. Serás coma a Panorama no Luar

 

  • TAURO |: A Lúa Chea aporta cambios e melloras que poden chegar á túa vida. A vida pode ser un bidón se te adicas a gozar e vivir o momento presente, sen preocuparte polo que poida acontecer. Non te metas na vida dos demais se non te gusta que se metan na tua.

  • XEMELGOS |: Semana de agudeza mental para obter os teus plans. Vas relacionarte e facer novos amigos, pero non pola merda esa de Facebook senon amizades de ir tomar uns viños a taberna do chato. No amor, non te obsesiones cos detalles e vai mais a esencia, non sexas farruco!.

  • CARANGUEXO |: Aínda que todo son problemas ao teu ao redor, a Lúa vaite a axudar a conseguir o éxito. No amor, necesitas retomar os teus soños e volver ilusionarte ou cambiar de novo de parella, podes buscar en tinder ou nunha ONG, senon un de latex en aliexpress, lembra que o negro combina con todo. 

  • LEÓN |: Contactos con persoas estranxeiras poden ser positivos e ti saberás aproveitar. Enfrontaraste aos retos e sairás triunfador, podes atopar o amor entre as túas amizades anda atento e leva calzons limpios.

  • VIRXE |: Os teus plans van por bo camiño.  Estarás aventureiro e vas a  exhibir os teus sentimentos, inda que sexas un pouco toupeira falando de sentimentos vas estar moi expresivo.

  • BALANZA |: Podes estar canso ata o día 23 que o Sol ingresa no teu signo e vas ter a cajada da bareixa da sorte. Terás días positivos e de felicidade. Algo que desexas dende fai moito pode facerse realidade. Sentirás que na cona da vella so mandas ti!

  • ESCORPIÓN |: A Lúa Chea vaiche a axudar a conseguir os obxectivos. Venus transita polo teu signo e o teu atractivo vaite dar moitos folgos. Estás máis apaixonado que nunca e desfruta desta semana e ponte as jafas de facer selfies.

  • SAXITARIO |: A Lúa Chea atrae a sorte á túa vida. Estás sensible e receptivo, poderias ter un romance con alguen do traballo ou polo menos andar a tentalo por ambas partes. Ten conta con alguna amizade tóxica.

  • CAPRICORNIO |: Estás moi de romper límites. A Lúa Chea favorece o familiar, podes recuperar a ilusión dos comezos da relación ou ben coñecer a alguen que che faga tilín ou tolón. Se liberal e leva protección

  • ACUARIO |: Podes contactar con xente nova, pero que non sexan coma a leña verde e que che abran de verdade portas que até agora permanecían pechadas. A Lúa favorece a comunicación e novas oportunidades.

  • PEIXES  |: Podes dedicarlle demasiado tempo ao traballo e pouco as relacións. Os días 22 e 23 a Lúa no teu signo favorece e protexe ante algún proxecto que favoreza a túa economía. Vas estar que non cajas porque toda vai sair ben

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Autor