I CONGRESO UNIVERSITARIO DO TRABALLO AUTÓNOMO E A EMPRESA INDIVIDUAL – Santiago de Compostela, 28 e 29 de outubro

Os vindeiros días 28 e 29 de octubre, a Rede Universitaria do Traballo Autónomo vai celebrar, no marco da Universidade de Santiago de Compostela, o Iº Congreso Universitario do Traballo Autónomo e a Empresa Individual, no que se van reunir destacadas figuras do mundo universitario público e privado, representantes das administracións públicas, organizacións de autónomos e estudiantes universitarios.

Para a súa realización contarase con dúas grandes áreas, por unha parte, a presentación de experiencias formativas no ámbito universitario e propostas de organización de impartición da materia, e por outra parte,a de contidos científicos e análise da especificidade do traballo autónomo e a empresa individual.

Os ámbitos prioritarios neste ano serán:

• Desenvolvemento do Estatuto do Traballador Autónomo.
• Marco autonómico na promoción do traballo autónomo.
• Fiscalidade do traballo autónomo
• Traballo Autónomo e tecnoloxías da información e da comunicación
• A crisis económica e os seus efectos no traballo autónomo
• Novos modelos de financiación e xestión.
• Análise da xurisprudencia producida despois do Estatuto, con especial referencia ósTraballadores Autónomos Económicamente Dependentes.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Durante a celebración deste Congreso vanse abordar interesantes temas relacionados coa financiación e promoción do traballo autónomo; o desenvolvemento do Estatuto do Traballo Autónomo e o réxime fiscal.
Cada un destes aspectos serán analizados por cualificados profesores de diversas universidades obtendo valiosas conclusións que serán facilitadas ó Goberno para o seu aproveitamento.

Poden consultar o programa a través da seguinte dirección: http://www.uptagalicia.org/servicios/xornadas

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Para máis información poden contactar con nós a través do seguinte teléfono:
981 55 23 85

Deixa unha resposta