Italia non obrigará os pais a vacinar os nenos

A ministra de Sanidade de Italia, Giulia Grilo, defendeu que os pais vacinen aos seus fillos antes de ir á escola, pero resalta que non é necesario a coacción para que se cumpra a normativa do Estado.

O Goberno italiano pretende atrasar a lei que implica a obrigatoriedade de vacinas aos pequenos. Médica de profesión e portavoz do Movemento Cinco Estrelas, situouse en contra da medida adoptada polo Executivo anterior pola obrigatoriedade de vacinar aos nenos de 0 a 6 anos.

En España en 2016 Alonso (PP) explicou que obrigar a vacinar á poboación “non se axusta aos principios da nosa sanidade, que vén da Lei de Autonomía do Paciente, da Lei Xeral de Sanidade”.

A obrigatoriedade de vacinar aos nenos aprobouse despois de que Italia protagonizase un dos maiores brotes de sarampión en 2017

A nova ministra de Sanidade italiana considera que, lonxe de ser unha antivacunas, é responsabilidade exclusiva dos pais decidir sobre este asunto.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A obrigatoriedade de vacinar aos nenos aprobouse despois de que Italia protagonizase un dos maiores brotes de sarampión en 2017,  con máis de 5.000 persoas afectadas polo virus.