LISARDO DOMÍNGUEZ RODRÍGUEZ NOVO SECRETARIO XERAL DE UPTA-GALICIA.

O pasado sábado 9 de maio celebrouse o Comité Nacional de Upta-Galicia en Santiago de Compostela onde, entre outros puntos da orde do día, ratificouse ante o Comité, a dimisión do ata agora Secretario Xeral, Eduardo Abad Sabarís; dita dimisión xa fora presentada con anterioridade ante a Executiva de Upta-Galicia, como consecuencia da sua incorporación como Secretario Executivo de Upta-España, asumindo as sectoriais de transporte, medio rural, emigración e medio ambiente, dando lugar á asunción de novas funcións incompatibles coa Secretaria Xeral, según explicou Eduardo Abad ós asistentes o Comité, o tempo que facía un repaso da sua traxectoria ó frente de Upta-Galicia durante os dez últimos años.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Lisardo Domínguez Rodríguez foi elexido novo Secretario Xeral de Upta-Galicia por acordo unánime de tódolos Delegados asistentes, encabezando a Comisión Xestora, ata que se celebre o próximo Congreso de Upta-Galicia.
Lisardo Domínguez durante a sua intervención, xa como Secretario Xeral, señalou que a tarefa prioritaria ó frente desta Organización, será conseguir a integración efectiva de tódalas UPTAS provinciais e locais de Galicia nunha única Organización con sede central en Santiago de Compostela e a creación das delegacions provinciais e comarcais respectivas que sexan necesarias para consolidar definitivamente a Upta-Galicia como a Organización maioritaria e con maior implantación en toda a Comunidade Autónoma. Asimesmo lanzou unha mensaxe de unidade e de apertura a tódolos autónomos, agora mais necesario que nunca pola actual situación de crise, no que reivindicou una maior presenza na rúa e nos medios de comunicación así como o reto de conseguir a constitución do Consello do Autónomo en Galicia tan pronto como sexa posible. Para finalizar, agradeceu a labor levada a cabo nos últimos dez anos por Eduardo Abad ó frente de Upta-Galicia e matizou que quere seguir contando con todo o equipo que compón esta Organización.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2009

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta