Máis de 1.700 rapaces de 31 centros participan no certame Chefs saudables

Máis de 1.700 rapaces de 31 centros educativos participan na primeira edición do certame Chefs saudables da Consellería de Sanidade

 

Un total de 1.734 alumnos de educación infantil e primaria de 31 centros galegos participaron na primeira edición do certame Chefs saudables, organizado pola Consellería de Sanidade, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Foro Interalimentario e a Unión de consumidores de Galicia (UCGAL). Ao certame, concorreron 87 vídeos nos que os rapaces tiñan que preparar unha receita saudable dun prato principal que, a lo menos, tiña que conter legumes, peixe e/ou verduras e hortalizas. Ademais, había que incluír unha explicación da razón pola que os escolares elixiron esa receita e os motivos polo que consideran que é saudable.

Os membros do xurado, entre os que se encontraba o cociñeiro Pepe Solla, tivo en conta a creatividade, os pasos da elaboración da receita, a presentación final, a degustación do prato ou a adecuación da proposta para o grupo de idade entre outros factores.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
Nesta primeira edición establecéronse tres categorías de participación, en función das idades dos rapaces. Así, a primeira categoría corresponde a educación infantil (4º-6ª curso). O primeiro premio, foi para a aula A de 5º de educación infantil do CEIP San Martiño, Pontevedra (Pontevedra) polo seu prato Barquiños “Sopa Verde”. O primeiro accésit foi para a Aula de 5º de educación infantil do CEIP de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) pola súa Pizza Vegetal e o segundo  accésit recaeu na aula 5º A de educación infantil do CEIP Carlos Casares, Xinzo de Limia (Ourense) polos seus Canapés de ensalada.
A segunda categoría, correspondente a educación primaria (1º-3º curso) outorgáronse 3 premios. O primeiro premio, foi para a aula de 2º de educación primaria do CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción, Sarria (Lugo) polo seu prato E ti… apúntaste a unha comida saudable?  O segundo premio,  foi para a aula de 2º de educación primaria do CEIP Manuel Respino, da Rúa (Ourense) polo seu prato Bolboreta á mariñeira. O terceiro, foi para a  aula de 1º de educación primaria do CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción, Sarria (Lugo) para a súa receita a que non lle puxeron nome.
Na terceira categoría, correspondente a educación primaria (4º-6º curso), o primeiro premio, foi para a aula de 6º B EP, CEIP Manuel Respino, Rúa (A) (Ourense) polo seu prato Popietas de pescada con humus de garavanzos e ensalada. O segundo premio,  foi para a aula de 5º EP, CEIP Manuel Respino, Rúa (A) (Ourense) polo seu prato Lentellas á vinagreta con atún  e o terceiro premio recaeu na aula de 5º A de educación primaria do CPR Compañía de María – Santiago, Santiago de Compostela (A Coruña), co seu prato Pasta con mexillóns e algas e Ensalada temperada de xarda.
Ademais das xa mencionadas, houbo unha categoría especial, correspondente a centros con menos de 50 escolares. O primeiro premio desta categoría foi para o CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira, San Amaro (Ourense) polo seu prato Berenxenas recheas de merluza. O segundo premio levouno o CEIP Virxe da Pena da Sela, Irixo (O) (Ourense) polos seus pratos: Xoaniñas, Coello ó romero con guarnición e Limóns recheos de froitos do bosque e o terceiro foi para o CEIP de Vilariño de Conso (Ourense), co seu prato Lentellas Mix.

Por parte da Consellería de Sanidade, asistiu o director Xeral de Saúde Pública Andrés Paz-Ares e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o director Xeral de Centros e Recursos Humanos José Manuel Pinal Rodríguez. Dende a organización do certame se destaca que o patrón dietético é determinante para un óptimo estado nutricional e de saúde. Os hábitos alimentarios adquírense e consolídanse na infancia, polo que esta etapa é especialmente relevante para promover un estilo de vida saudable.

Deixa unha resposta