Máis de 2.365.000 espectadores viron o programa MasterChef, gravado no parador de Baiona

Máis de 2.365.000 espectadores viron o programa MasterChef, gravado no parador de Baiona por TVE

MasterChef dende o parador de Baiona foi a segunda opción máis vista despois do programa sobreviventes de Tele5 (18,8% e 2.493.000).

TVE emitiu este domingo na súa franxa de Prime time o programa MasterChef, gravado no parador de Baiona o pasado 24 de xaneiro e dedicado aos afectados polos incendios forestais do pasado outubro de 2017.

Así, máis de 2.365.000 espectadores, e un 14,6 % de share, viron espectaculares imaxes aéreas do parador e da baía de Baiona. MasterChef foi a segunda opción máis vista despois do programa sobreviventes de Tele5 (18,8% e 2.493.000).

Os concursantes do programa culinario prepararon para as 120 persoas convidas catros pratos típicos galegos, ameixas á mariñeira, pescada á galega, ?xoubas? guisadas e filloas recheas con crema pasteleira.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Entre os comensais, case todos veciños de Nigrán, atopábase a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o alcalde de Nigrán, Juan González ou o presidente da comunidade de montes de Chandebrito, Víctor Manuel Vidal.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta