Manuel Baltar destaca “o compromiso coa innovación e o emprego na provincia de Ourense” da empresa Auto Estampación Rubí

Manuel Baltar destaca “o compromiso coa innovación e o emprego na provincia de Ourense” da empresa Auto Estampación Rubí

Manuel Baltar destaca “o compromiso coa innovación e o emprego na provincia de Ourense” da empresa Auto Estampación Rubí   O presidente da Deputación visitou hoxe esta factoría, situada no parque empresarial de Ribadavia, amosando o seu apoio institucional e recoñecendo “o papel de dinamizador económico e de xeración de emprego desta compañía”.   Baltar

Manuel Baltar destaca “o compromiso coa innovación e o emprego na provincia de Ourense” da empresa Auto Estampación Rubí

 

  • O presidente da Deputación visitou hoxe esta factoría, situada no parque empresarial de Ribadavia, amosando o seu apoio institucional e recoñecendo “o papel de dinamizador económico e de xeración de emprego desta compañía”.
  •  
  • Baltar puxo en valor “o protagonismo desta empresa no mundo da automoción”, sendo a única de Ourense na súa especialidade, e salientou “a súa estable carga de traballo, o que lle permitirá en 2019 un crecemento importante nas contratacións de persoal”.
  •  
  • Na primeira visita institucional que recibe a fábrica, Manuel Baltar estivo acompañado polo deputado autonómico de Ribadavia, César Fernández Gil; polo director da planta, Óscar Filgueira, e por Andrés López de Ocariz, director de Compras do Grupo IPM.
  •  
  • A factoría fabrica pezas de estrutura e chapa para PSA –Citroen, Peugeot e Opel- da emprego a 100 traballadores e este ano facturará 23 millóns de euros. É unha firma de vangarda en Europa no sector da automatización e a robótica.

Ourense, 15 de xuño de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, vistou hoxe a empresa Galicia Auto Estampación Rubí (GAESA), situada no parque empresarial de Ribadavia, en San Cristovo, onde destacou “o compromiso coa innovación e o emprego na provincia de Ourense desta compañía”, amosando o seu apoio institucional e recoñecendo “o papel de dinamizador económico e de xeración de emprego desta compañía de vangarda no sector da automoción” que fabrica máis de 200 referencias de pezas de estrutura e chapa para automóbiles do Grupo PSA –Citroen, Peugeot e Opel-, da emprego a 100 traballadores –unha cifra que ascenderá a 140 en 2019- e este ano facturará 23 millóns de euros.

O presidente do goberno provincial puxo en valor “o protagonismo de GAESA no ámbito industrial da automoción”, sendo a única empresa de Ourense na súa especialidade, e salientou “a súa estable carga de traballo, o que lle permitirá en 2019 un crecemento importante nas contratacións de persoal”.

Na primeira visita institucional que recibe a fábrica, Manuel Baltar estivo acompañado polo deputado autonómico de Ribadavia, César Fernández Gil; polo director da planta, Óscar Filgueira, e por Andrés López de Ocariz, director de Compras do Grupo IPM. Baltar felicitou aos directivos “pola súa implicación e compromiso co territorio, pois o 96 % dos traballadores da factoría é da provincia de Ourense”.

A historia do Grupo IPM, ao que pertence a empresa, remóntase aos anos 50 do século pasado, cando foi creada a primeira planta no País Vasco. Desde entón o seu crecemento no sector da automoción foi exponencial e en 2008 implantouse en Ourense, no parque empresarial de Ribadavia, dada a excelente situación xeográfica, preto da factoría viguesa de PSA. Na actualidade as instalacións de GAESA ocupan unha superficie e 8.000 metros cadrados, implementando última tecnoloxía robótica aplicada ao ensamblaxe e soldadura de pezas para chasis e carrocerías de automóbiles.

Os directivos comentaron durante a reunión con Manuel Baltar os perfís profesionais e os plans de expansión da empresa, a cal investiu nos últimos anos en instalacións e tecnoloxía 12,5 millóns de euros. Na súa sede en Ribadavia a compañía conta cos departamentos de Produción, Estampación, Loxística, Control de Calidade, Administración, Recursos Humanos e Comercial, sendo unha das firmas de vangarda en Europa no sector da automatización e a robótica.

Os plans de expansión da compañía céntranse para 2019 na internacionalización, poñendo o foco en países como Arxentina, Marrocos, República Checa ou Eslovaquía, onde comercializarán pezas estruturais que se fabricarán nesta factoría. A previsión a dous anos é, segundo explicaron os directivos a Manuel Baltar, triplicar a actividade e potenciar as liñas de negocio no ámbito internacional.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor