Móllate en Cangas pola ELA

Móllate en Cangas pola ELA

Móllate pola ELA é o nome da acción de visibilidade e solidariedade que levará a cabo o vindeiro domingo 12 de agosto en Cangas do Morrazo. Tras o Día Internacional de Loita contra a ELA, a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica, AGAELA, prepara unha nova xornada deportiva para o vindeiro domingo 12 de agosto,

Móllate pola ELA é o nome da acción de visibilidade e solidariedade que levará a cabo o vindeiro domingo 12 de agosto en Cangas do Morrazo.

Tras o Día Internacional de Loita contra a ELA, a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica, AGAELA, prepara unha nova xornada deportiva para o vindeiro domingo 12 de agosto, na que os asistentes poderán presenciar un partido amigable entre o equipo Agaela e o Curruncho, este encontro dará comezo ás 11:30 horas nos Campos Kenyano de Praia Rodeira, en Cangas do Morrazo.

Tras o evento deportivo, animarase a todos os asistentes a mollarse pola ELA, co obxectivo de facer máis visible esta enfermidade neurodegenerativa que afecta actualmente a 4.000 españois, e recadar fondos que se destinarán a mellorar a calidade de vida dos afectados dela galegos. A acción de mollarse pola ELA, está estreitamente vinculada ao Ice Bucket Challenge, campaña solidaria internacional que levou a cabo hai uns anos, destinada a concienciar sobre esta enfermidade.

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor