Morren 11 bebés tras administrarlles viagra

Morren 11 bebés tras administrarlles viagra nun ensaio clínico en Holanda

Os bebés tiñan problemas de desenvolvemento debido a unha deficiente circulación sanguínea na placenta. O estudo contou coa participación de 90 mulleres embarazadas. Outros 17 pequenos presentan agora problemas pulmonares.

Once bebés morreron despois de que as súas nais durante a xestación participasen nun ensaio clínico en Holanda no que se lles administrou sildenafilo, o fármaco da popular Viagra contra a diminución eréctil. Os pequenos tiñan problemas de desenvolvemento debido a unha deficiente circulación sanguínea na placenta.

Deste xeito, o obxectivo da investigación era mellorala co medicamento, que actúa como vasodilatador. Pretendíase crear condicións para un mellor desenvolvemento dos bebés. Así o publicou este martes The Guardian.

En Canadá estabase realizando unha investigación das mesmas características que tamén fui detida.

Outros 17 bebés desenvolveron problemas pulmonares tras a participación no ensaio clínico
O ensaio clínico non tivo os resultados esperados e, ademais dos falecementos de ata 11 dos bebés, noutros 17 provocaron problemas pulmonares. Os pequenos recibiron menos osíxeno do debido, xa que o medicamento causa un aumento da presión arterial, segundo as sospeitas dos investigadores.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Según indica o diario holandés De Volkskrant, a técnica tiña dado resultados positivos en ratons. 

O estudo realizouse desde 2015 promovido polo Centro Médico Universitario de Ámsterdam e, nun principio, estaba previsto ata 2020 coa ampliación da participación no mesmo de 350 mulleres. Agora iniciarase unha investigación externa para analizar o desenvolvemento do ensaio clínico e as consecuencias do mesmo.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Fonte: Clarín

Deixa unha resposta