Mortes por incendios, vespa velutina… Terrorismo ecolóxico?

Temos presenciado nos últimos tempos mortes que en número superan os actos de terrorismo en Europa.

Andrea Fontán | Xornal Galego

En base aos desastres e número de mortos en relación co medioambiente pola acción consciente e deliberada do home, e as consecuencias que iso ocasiona, facemos a seguintes valoracións sobre un terrorismo ecolóxico que se está a cobrar cada vez mais vidas.

Estimase segundoa a ONU que os crimes contra o medioambiente moven cada ano 156.400 millóns de euros, segundo un informe conxunto da ONU e a Interpol, e están a axudar a financiar en moitos continentes as actividades de milicias e grupos terroristas.

Especialmente certo e este punto no continente africano, onde as milicias e grupos terroristas que operan no continente africano, están a obter entre 81 e 212 millóns de euros pola súa participación no negocio ilegal do carbón. Por outra banda, grupos ilegais dedicados ao tráfico de marfil en África central poderían estar a gañar entre 3 e 9 millóns de euros ao ano.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Segundo as estimacións da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), a ONU e a Interpol, os crimes contra o medioambiente, que inclúen a explotación forestal, a caza furtiva e o tráfico de animais, a pesca, minaría ilegal e a vertedura de residuos tóxicos, xeran enormes beneficios cada ano. Por exemplo, a explotación forestal ilegal xera beneficios anuais equivalentes ao 30 % do comercio de madeira mundial. O negocio ilegal do carbón, pola súa banda, move en África central, oriental e occidental, unha cantidade superior ao tráfico de drogas na rexión.

Esta situación xera tamén enormes danos aos recursos naturais da zona, e neste sentido, na península ibérica, os catastróficos incendios forestais, á parte de destruír os citados recursos, provocan cuantiosos danos materiais, ademais de lamentablemente, perdas de vidas humanas. No caso de España, a agudización da aridez e a redución dos recursos hídricos, inflúen directamente no avance da desertificación, sendo unha consecuencia directa desta forma de terrorismo ambiental.

Estamos a asistir pois a un cambio de paradigma, onde o terrorismo ambiental está a adquirir unha relevancia cada vez maior por mor da letalidade das súas accións. Neste contexto, a adaptación das administracións á nova realidade vai impor unha maior necesidade de vixilancia e prevención, unha adaptación do ámbito legal e unha revisión dos protocolos de actuación coa utilización de tecnoloxías de última xeración. Mentres crece a concienciación, será necesario un esforzo internacional para reforzar as leis e combater esta ameaza á seguridade global.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A Obra Social a Caixa destinará 100.000 euros a investigacións sobre a Vespa Velutina. O estudo sobre a avespa velutina centrarase en coñecer novos métodos para o control e a redución dos efectos deste insecto na biodiversidade.

Deixa unha resposta