Non mais nenas e nenos orfos de nais e pais vivos

En Santiago, a  01  de xuño do 2017

Acto do día 3 na Praza da Quintana

Non mais nenas e nenos orfos de nais e pais vivos     

A Asociación Galega de Pais e Nais Separados[1] en colaboración coa Comisión Promotora[2] da Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Galicia, denominada Lei de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia, realizaran o seguinte acto a prol da  Corresponsabilidade Parental logo dunha separación e convocan a participar nel á cidadanía:

CONVOCATORIA

Acto na mañá do día 3 de Xuño

Praza da Quintana, Santiago de Compostela

 

Non mais nenas e nenos orfos de nais e pais vivos

 

 

“Polos dereitos das nenas e nenos a medrar e convivir con ámbolos dous proxenitores tras unha separación”

 

“Porque a Custodia Compartida é a mellor maneira de exercer a Patria Potestade da nai e do pai para coidar das súas fillas e os seus fillos”

 

O acto na Praza da Quintana de Mortos – Quintana de Vivos, amosará o material  empregado na difusión da ILP, instalará unha mesa para a documentación e pregos oficiais de recollida de sinaturas, ofrecerá xogos para as nenas e nenos e darase lectura a un manifesto protagonizando unha escenificación, no seguinte enderezo, día e horario:

Lugar:

Praza da Quintana de Mortos – Praza da Quintana de Vivos, Santiago de Compostela

 

 

Aproximadamente ás 12 horas farase lectura de un manifesto por parte da Asociación en relación aos obxectivos establecidos na proposta da ILP no Parlamento de Galicia.

[1]Asociación Galega de Pais e Nais Separados.

Enderezo: Estrada de Ombreiro Nº 116, 3º E; 27004 Lugo    –    CIF: G15483365

Tfs. A Coruña: 679415033, Lugo: 689148664, Ourense: 646698640, Pontevedra: 617235835, Santiago: 619707286

Regº Nac. Asoc. nº 135.496 / Rex.Consell. Familia FM 102 / Rex.Ent. Prest.Servizos Sociais en Galicia E3779

[2] Comisión Promotora da Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular “de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia”

Representantes da Comisión Promotora: Lois M. Toirán Vázquez, tf.664782590; Abel Lamas Sánchez, tf.619960460

Web informativa da iniciativa: http://ilpcoparentalidade.sitio.gal

Deixa unha resposta