O amateur que gañou a Maratón de Boston pediu o día na escola onde traballa

O xaponés Yuki Kawauchi é un atleta afeccionado que sorprendeu aos profesionais e quedou coa lendaria carreira

O xaponés Yuki Kawauchi, sorprendente atleta afeccionado que gañou o luns o maratón de Boston, chamou tras a súa vitoria á escola primaria Kuki, na que traballa como conserxe, para solicitar un día máis de vacacións xa que non contaba con ser o primeiro na lendaria carreira.

Como non esperaba gañar, previra volver a Xapón o día seguinte da carreira, este martes, e regresar ao traballo o mércores. Agora debe cumprir coas homenaxes ao campión.

“Chamounos para solicitar un día máis de vacacións porque tiña que cumprir obrigacións alí (en Boston)”, explicou á AFP Yasuhiro Mitsui, un responsable da escola, situada na rexión de Saitama.

“O director díxolle: ‘Felicidades, vostede correu moi ben'”, engadiu este responsable, precisando que lle outorgaron un día máis sen problemas.

Para preservar o carácter reservado de Kawauchi, a escola non previu ningunha celebración, sinalou Mitsui.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

“En xeral gústalle manter o seu traballo e o maratón separados. Apoiámoslle cubrindo o seu traballo cando non pode estar”, engadiu.

Cando Kawauchi superou a liña de meta en Boston, a pesar de que foi a carreira máis fría nos últimos 30 anos e de que estivo marcada polas treboadas de choiva, converteuse no primeiro xaponés en gañala desde 1987. Precisamente o ano en que naceu.

Superior aos profesionais:
O humilde funcionario finalizou os 42.195 quilómetros nun tempo de 2 horas, 15 minutos e 58 segundos. Sen adestrador, sen patrocinadores e preparándose no tempo libre que lle deixa o seu traballo a tempo completo.

Con todos os favoritos e profesionais do maratón arrasados polas malas condicións, emerxeu a figura de Kawauchi, o gran ídolo mundial dos atletas afeccionados.

“É unha gran actuación gañar o maratón de Boston, que é unha das carreiras máis prestixiosas do mundo. Nunhas condicións horribles que todo o mundo detesta, Kawauchi logrou conservar unha mentalidade de aceiro, máis que os outros corredores”, celebrou o tamén xaponés Toshihiko Seko, ganadoor en Boston en 1981 e 1987.

Nun país onde o maratón é relixión e no que se premian os valores de modestia e traballo duro, Kawauchi xa é lenda.
Twitear
“Quero mostrar que se pode ser competitivo a nivel mundial incluso se tes un traballo, como eu”, dixo Kawauchi en varias ocasións.

A súa vitoria en Boston é a máis prestixiosa na carreira do atleta amateur de 31 anos, que encadeou cinco triunfos consecutivos: desde a Xapón a Estados Unidos pasando por Taiwan.

O mes pasado foi recoñecido polo Guinness World Recrods como o deportista que correu o maior número de maratóns en dúas horas e 20 minutos, con 78.

E non conta con descansar e celebralo. Este fin de semana ten un semimaratón en Gifu, centro de Xapón. Alí os seus compatriotas poderán honrar a súa xesta en Boston.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Fonte: Por Hiroshi Hiyama, AFP

Deixa unha resposta