O caso Juana Rivas, moitas sombras e poucas luces

O caso Juana Rivas, moitas sombras e poucas luces, reportaxe sobre un caso moi mediático cun final previsible

Reportaxe e opinión de Marta Filgueira | 29|07|2018

Acurralada pola Xustiza, Juana Rivas entregou fai case un ano os seus fillos ao pai que acusaba de violento

A muller fuxira hai xa algo mais de un ano cos nenos de 11 e 3 anos. Despois de práctcamente un mes de fuxida presentouse e foi detida. Posteriormente e xa libre despois de declarar accedeu a entregar aos seus fillos.

O italiano Francesco Acuri o seu ex chegou entón á sede da Garda Civil de Granada para atoparse cos seus fillos.

O caso de Juana Rivas ten novamente en albas a España dende hai varias semanas. Esta muller mantiña unha disputa co seu ex marido, o italiano Francesco Arcuri, ao que acusou de malos tratos, e fuxiuse hai un ano aproximadamente para non entregarlle ao home aos seus dous fillos de 3 e 11 anos.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A muller finalmente entregou os mozos á Garda Civil, horas antes de que se cumprise o prazo disposto polo xuíz que intervén na causa. A entrega, tivo lugar na Comandancia da Garda Civil da cidade de Granada.

A muller fora detida antes e logo foi posta en liberdade condicional por incumprir fai máis dun ano a orde do xuíz de familia de deixar aos seus fillos co seu pai, que reside en Italia.

A Xustiza investigou a Rivas polos delitos de subtracción de menores e desobediencia á Xustiza. O 26 de xullo de 2017 a muller debía presentarse nos tribunais, pero en lugar de facelo, fuxiu cos mozos. Finalmente o 22 de agosto de 2017 presentouse e quedou detida, aínda que logo foi liberada, foi posteriormente cando fixo entrega dos nenos a Garda Civil.

A española, veciña da localidade granadina de Maracena, negouse a a entregar aos nenos ao seu pai a pesar das decisións xudiciais e pediu un amparo ao Tribunal Constitucional de España, aínda que este órgano non admitiu o seu recurso ao alegar que presentou a demanda fóra de prazo. Asemade en todo momento estivo asesorada por asociacións feministas e servizos sociais, expuso o seu caso ante prensa escrita, tv, radios… e o caso fisoxe mediático, miles de mulleres saltaron a rúa a manifestarse baixo o lema: Juana está en mi casa. De vagar foronse coñecendo novos datos e pouco a pouco soamente a xente mais radical seguía a apostar pola sua defensa a ultranza, sen dúbida mal asesorada Juana Rivas foise crecendo e xustificando un secuestro como algo bó para os seus fillos.

Rivas denunciara a Arcuri por malos tratos en 2009, cando ambos vivían en España, e o home foi condenado a tres meses de prisión, que non cumpriu.

Os partidarios de Juana Rivas din que D. Francesco Arcuri é un «maltratador» porque no ano 2009 foi condenado coa súa conformidade pola comisión dun delito de lesións no ámbito familiar.

Devandito precepto contempla como delito leve as accións que non causan lesións como por exemplo: unha labazada ou un empurrón, pero cun matiz: se a vítima é ou foi parella, agrávase a pena e pasa a ser un delito encadrado no marco da violencia de xénero. É dicir, atendendo á devandita condena é «imposible» que Arcuri dese unha «brutal malleira» ou causase «lesións» á Juana Rivas como dixo ela. Isto coas sentenzas na man, e evidente que dentro da casa non estaban nin os defensores nin os contrarios a ambos.

Entón, a parella xa tiña un fillo, que agora ten 11 anos, e, tras un tempo de separación, volveron xuntos, tiveron outro fillo -agora de 3/4 anos- e residiron na pequena illa italiana de Carloforte.

O ano 2016, a muller regresou a España cos nenos e presentou nun xulgado español unha nova denuncia por malos tratos contra a sua expareja, que mantén a súa residencia nesa illa, pero dita denuncia aínda non foi tramitada.

O caso de Juana Rivas xerou en España un gran movemento de solidariedade. O caso tivo tal repercusión que se lanzou unha campaña de apoio a comezos de ano 2017 en change.org que obtivo en pouco tempo máis de 213.000 firmas. “Eu non quero ser unha prófuga, eu vin a explicar a miña situación e a pedir axuda”, dixo Rivas tras comparecer ante o xuíz o martes.

Decenas de persoas congregáronse para apoiala. Con todo, non alcanzou para cambiar o decidido pola Xustiza. Rivas perdeu todas as iniciativas ante os tribunais españois, e agora este sentenza e aplastante, independientemente dos matices que o xuiz fai e que sen dúbida sobran, a condena por secuestro de menores parece axustada conforme a dereito.

Outro tema que está a saltar a palestra mediática e que os denuncias por maltrato falsas son case inexistentes, sen embargo todos coñecemos a mulleres, abogados e axentes sociais que promoven este tipo de denuncias para poder gañar sentencias de separación. Asemade tamen coñecemos homes maltratadores, malos pais e malas parellas, non se trata de ocultar unha realidade que simplemente esclarexa quea maldade non ten xénero, de feito os asasinatos de menores son na sua maioria a mans de mulleres.

A Fiscalía Xeral do Estado subliña que a porcentaxe de denuncias falsas por violencia machista é “escasísimo”. Entre 2009 e 2016 as condenas por denuncias falsas foron 79, fronte ás 1.055.912 denuncias por violencia de xénero presentadas neseS oito anos. Debullando ditos datos tamen obtemos que de todas esas denuncias menos do 50 por cento resultan condenatorias co cal está claro que existen moitas nas que e imposible demostrar se son falsas ou certas, pero sen dúbida a maioria das denuncias “non se sabe o que son”. Serán enton todas certas e ningunha falsa?

Pouco a pouco moitas asociacións feministas decidiron retirar o apoio incondicional a Juana Rivas, apareceron moitas sombras e sen dúbida como sempre as vitimas son os nenos, con Juan Rivas condenada a dous anos e medio pola subtracción de cada un dos seus dous fillos, seis anos de inhabilitación para exercer a patria potestade sobre eles, unha indemnización de 30.000 euros polo dano moral e material cara ao italiano Francesco Arcuri, o seu expareja, e o pago de todas as costas do xuízo.

gora moita xente esta a sair a rúa en protesta por esta sentenza sen ter leído o texto, e certo que partes das valoracións sobran, mais algunha xente di que e moito castigo para os nenos perder 6 anos a sua nai, cando iso non e así. Perde a patria potestade pero seguira podendo ver os seus fillos, asemade un gran dano para os nenos foi sen dúbida pasar por un secuestro, e convertirse nun foco mediático. Ese dano infrinxido os seus propios fillos debe ser sen dúbida penalizado por lei, outra cousa son as reivindicacións feministas, os argumentos tendenciosos, os reality shows…

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Ningunha muller maltratada se debe sentir identificada con Juana Rivas, e seguramente este caso precisamente non lles fai favor ningún. A loita pola igualdade debe continuar e nesa igualdade tamen hai que saber ser xustos e no defender o indefendible, e con nenos polo medio folga dicir según que cousas.