O Consello de Colexios de Médicos de Galicia culpa o goberno de Feijóo da morte da Estrada

A Xunta incumpriu a cota de médicos no centro onde morreu un home sen asistencia, segundo o Consello de Colexios de Médicos de Galicia.

Segundo o Consello de Colexios de Médicos de Galicia o Goberno de Feijóo non deu resposta ás súas peticións para resolver a escaseza de persoal nos centros de atención primaria.

Desde o Consello de Colexios Médicos de Galicia afirmaron nun comunicado que esta é unha das consecuencias de que o Goberno de Núñez Feijóo non escoitase as súas propostas para liquidar estes problemas no verán.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO