O escandalo das vacinas en China podería vir de 2014

O escándalo das vacinas en China podería remontarse a 2014. E é que, segundo informou a axencia estatal de noticias Xinhua, a investigación das autoridades chinesas á farmacéutica Changsheng Biotech, protagonista do gran escándalo por suposta adulteración das súas vacúas liofilizadas contra a rabia en humanos, confirmou que a compañía comezou a falsificar datos sobre estes produtos en abril de 2014.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A investigación conducida por un equipo do Consello de Estado determinou que, co fin de reducir custos e mellorar a produción, a firma usou fluído xa caducado na elaboración dalgúns dos seus produtos, falsificou datos de fabricación e conduciu tests irregulares, entre outras prácticas ilegais.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta