O Goberno recupera o dereito á reprodución asistida para mulleres soas e lesbianas

O Goberno recupera o dereito á reprodución asistida para mulleres soas e lesbianas

O Executivo promoverá, ademais, a loita contra a discriminación por identidade de xénero ou orientación sexual nas aulas. O Consello de Ministros tamén nomeou á Alta Comisionada para a Axenda 2030 e puxo en marcha o plan contra os incendios forestais.

O Goberno decidiu recuperar a posibilidade de que as mulleres soas e as mulleres lesbianas poidan acceder a tratamentos de reprodución asistida. Segundo explicou a portavoz do Executivo, Isabel Celaá, o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social propuxo modificar a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde para incorporar esta medida, que figurou nela ata o ano 2014. Articularase mediante unha orde ministerial e prevese que estea implantada durante o primeiro trimestre do ano 2019.

Celaá enmarcou esta iniciativa na celebración esta semana do Orgullo LGTBI, “un apoio á diversidade” ao que quere sumarse o Executivo. Nesa liña, o Consello de Ministros aprobou declarar o 28 de xuño Día Nacional do Orgullo LGTBI, coincidindo coa celebración internacional nesta data. Ademais, creouse no Ministerio da Presidencia unha Dirección Xeral para a Igualdade de Trato e Diversidade, “o que indica a gran sensibilidade que este Goberno ten en relación ao respecto á dignidade de todos e todas”, sinalou a portavoz.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Outra iniciativa nesta liña é a elaboración, xunto ás comunidades autónomas, dun plan estratéxico de convivencia escolar para traballar, dentro da coeducación, a diversidade no trato a persoas con distintas orientacións sexuais, segundo avanzou Celaá.