O R.C Celta cumpliu 95 anos de historia

O R.C Celta cumpliu 95 anos de historia

O actual Rela Club Celta de Vigo ten as suas orixes fai xa 95 anos e foi fundado por Manuel de Castro “Hándicap” e Juan Baliño o 23 de agosto de 1923, ao fusionar os 2 clubs da cidade de Vigo (Pontevedra): o Vigo Sporting e a Real Fortuna. O Vigo Sporting era o máis

O actual Rela Club Celta de Vigo ten as suas orixes fai xa 95 anos e foi fundado por Manuel de Castro “Hándicap” e Juan Baliño o 23 de agosto de 1923, ao fusionar os 2 clubs da cidade de Vigo (Pontevedra): o Vigo Sporting e a Real Fortuna. O Vigo Sporting era o máis importante na cidade, xa que foi subcampión da Copa do Rei en 1908. O primeiro presidente do Celta de Vigo foi Manuel Bárcena e de Andrés, Conde de Torre Cedeira.

O subcampeonato logrado por un dos clubs fusionados debería permitirlle ao Celta participar na Primeira División no ano que se creou a liga (1928), pois o criterio para integrar a máxima categoría era ser campión ou subcampión da Copa de España, e naquela data só 10 clubs, incluído o Celta como herdeiro do Vigo Sporting, cumprían ese requisito; con todo, ao Celta negóuselle ese dereito e foi relegado a Segunda División, debido á votación negativa de clubs como o Deportivo da Coruña, nacendo aí a súa inimizade. Á conclusión da tempada 1928/29 o Celta decidiu retirarse da competición ligueira a tempada seguinte para afrontar unha radical reestruturación deportiva.

O reingreso na liga produciuse en Terceira División na tempada 1930/31; un Celta irresistible conquistou o campionato de Terceira e o ascenso a Segunda División, derrotando na eliminatoria final da fase de promoción ao Recreativo de Huelva por un contundente 7-0 (4-0 en Balaídos e 0-3 en campo onubense).

Mais info: Wikipedia

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor