O Sergas deberá indemnizar a unha muller por diagnosticar como asma un cancro

A paciente finalmente faleceu, xa que cando se detectou o tumor de maneira tardía non se puido facer nada para salvala. A sentenza considera que houbo perda de oportunidade.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) foi condenado pola xustiza pola morte dunha muller de Santiago de Compostela á que se lle diagnosticou de forma errónea asma cando en realidade sufría cancro de pulmón. Castreje&Co Avogados, defendeu á familia da falecida informou de que o seu viúvo e os seus dous fillos recibirán unha indemnización.

Os feitos veñen de 2011 cando a muller falecida de 40 anos foi diagnosticada e tratada de asma. Cando a paciente comezou con sintomatología máis severa, o cancro avanzara tanto que xa nada se puido facer pola paciente.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Nun TAC comprobaron que existía unha lesión suxestiva de metástasis, pero como a paciente “non se queixaba de dor nese lado”, tomarono como contractura.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta