O Sergas obrigado pola xustiza a repetir unha “oposición amañada”

Unha xuíza ordena ao Sergas Servicio Galego de Saúde a repetir a “oposición amañada” para unha xefatura do CHOP Complexo Hospitalario de Pontevedra.

A xustiza sostén na sua sentenza que a Administración pública, neste caso o SERGAS está obrigada a acatar e cumprir o fallo xudicial, a pesar da negativa por parte da Xunta de Galcia de volver convocala

A xuíza do Contencioso-Administrativo número dous de Pontevedra ordenou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) executar xa a sentenza que declarou nula hai dous anos a “oposición amañada” na que o actual xefe de Psiquiatría do hospital de Pontevedra, Isauro Gómez Tato obtivo a súa praza.

Segundo informa o diario Público,  apenas unhas semanas de que Alberto Núñez Feijóo chegase ao poder en abril de 2009 e que o mesmo presidente da Xunta de Galicia nomease como novo xerente do centro hospitalario ao último conselleiro de Sanidade de Manuel Fraga, José Manuel González Álvarez.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A Xunta negouse a repetir a oposición, fixoo alegando que está en idade de xubilación, a pesares da lei galega que permite que os médicos do Sergas obteñan prórrogas para continuar traballando máis aló da idade de xubilación. Cunha sentenza firme en man, Pedreira reclamou ao Sergas que lle devolva a súa praza e que volva convocar a oposición.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta