O Sergas publica o listado de admitidos e exentos do exercicio de galego

O Sergas publica o listado de admitidos e exentos do exercicio de galego

O Sergas publica o listado provisional de aspirantes admitidos e exentos do exercicio de galego no concurso-oposición para diversas categorías de persoal sanitario e de xestión e servizos Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática 29 06 2018 ​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, os anuncios polos que

O Sergas publica o listado provisional de aspirantes admitidos e exentos do exercicio de galego no concurso-oposición para diversas categorías de persoal sanitario e de xestión e servizos

Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática

29 06 2018
​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, os anuncios polos que se dá publicidade á relación provisional de persoas admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio da lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de persoal médico de familia, técnico superior en documentación sanitaria, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e enxeñeiro técnico do Servizo Galego de Saúde.

En total recibíronse 2.653 solicitudes de inscrición para cubrir as 286 prazas convocadas neste concurso-oposición. Destes, resultaron admitidos, con carácter provisional, 2.480 aspirantes e un total de 173 foron excluídos. A categoría co maior número de inscricións resultou ser á de persoal médico de familia, con 1.020 solicitudes de participación.

O 14,76% das persoas aspirantes inscritas deberán realizar a proba de lingua galega ao non ter acreditado o seu coñecemento mediante a presentación do certificado Celga correspondente.

Cómpre destacar que o 3% das inscricións para este proceso formalizáronse por persoas residentes en concellos de fóra da nosa Comunidade Autónoma. O 35% dos/das admitidos/as teñen entre 30 e 40 anos e o 68% son mulleres.

Solicitaron participar pola quenda de promoción interna un total de 552 aspirantes, todos eles profesionais do Servizo Galego de Saúde, con vinculación fixa que están a desenvolver as súas funcións noutra categoría profesional do mesmo ou inferior nivel de titulación.

As listas coa relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos e os aspirantes exentos e non exentos do exercicio de lingua galega atópanse publicadas, ao dispor dos usuarios, na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante en Fides/expedient-e, no apartado de “Procesos”.

Os aspirantes excluídos, non exentos do exercicio de lingua galega ou que non aparezan na lista de persoas admitidas ou excluídas, dispoñen de 10 días hábiles (o prazo remata o 13 de xullo) contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, para presentar reclamación dirixida á mesma Unidade de Validación á que dirixiron a instancia de participación, a través da cal poderán corrixir o defecto que motivou a súa exclusión ou a declaración de non exención do exercicio de galego.

Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamación.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor