Os datos que fixeron que a manifestación contra a mina fose un éxito

Os datos que fixeron que a manifestación contra a mina fose un éxito

O proxecto de apertura da mina para extraer cobre afectará, na súa primeira fase, 689 ha de terreo das case 2.000 ha previstas. Contempla a construción de dúas enormes balsas de 81 e 54 metros de alto que poderían conter máis de 100 millóns de toneladas de lodos altamente contaminantes a escasos douscentos metros de

O proxecto de apertura da mina para extraer cobre afectará, na súa primeira fase, 689 ha de terreo das case 2.000 ha previstas. Contempla a construción de dúas enormes balsas de 81 e 54 metros de alto que poderían conter máis de 100 millóns de toneladas de lodos altamente contaminantes a escasos douscentos metros de Arinteiro, que quedaría encaixada entre estas dúas balsas. Unha aldea que, xunto cos Torreis, estaría condenadas a desaparecer.

Para obter as 356.464 toneladas de cobre previstas sería necesario facer voaduras diarias con entre 9.000 e 16.000 kg de explosivos cada unha para remover 267 millóns de toneladas de material, durante os dezaseis anos e medio que duraría o proxecto, de maneira continuada as vinte e catro horas do día os 365 días  do ano.

O 70% da superficie afectada é terreo agrícola e forestal. Por iso as plataformas convocantes matizan que non se pode falar dunha reapertura da antiga mina, senón dunha nova mina que engade ao terreo afectado pola anterior 500ha máis de solo que serve de base territorial de moitas explotacións agrogandeiras. “Moitas delas desaparecerían pola imposibilidade de continuar con esta actividade ao non contar co superficie agraria necesaria, aínda que todas as explotacións da contorna serían prexudicadas: as continuas  voaduras, o ruído xerado, as vibracións, o po en suspensión… afectarían negativamente á produtividade de todas elas, como tamén o farían en todas as outras actividades agrícolas: horta, froita, viño… como xa ocorreu coa anterior  explotación mineira”, aseguran.

Advirten ademais de que estas actividades son a base da economía dunha comarca na que o sector primario representa o 25% da riqueza xerada e emprega ao 20% da poboación e de que case o 50% das empresas desta comarca  realizan actividades relacionadas con este sector.

Por iso conclúen que a apertura da mina “suporía un prexuízo evidente para estas actividades económicas no presente e unha ameaza permanente para o futuro”. Lembran que a concesión actual abrangue 2.000 has que poden ser explotadas en calquera momento, “como unha espada de Damocles sobre calquera actividade que se pretenda realizar mentras esta ameaza estea latente”.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor