Os funcionarios de xustiza de Ferrol rexeitan nas urnas a oferta económica da Xunta

Os funcionarios de xustiza de Ferrol rexeitan nas urnas a oferta económica da Xunta

Os funcionarios de xustiza de Ferrol rexeitaron nas asembleas deste venres a oferta económica presentada pola Xunta a semana pasada e aceptada por catro do sete sindicatos que integraban o comité de folga   Os funcionarios de xustiza de Ferrol rexeitaron nas asembleas deste venres a oferta económica presentada pola Xunta a semana pasada e

Os funcionarios de xustiza de Ferrol rexeitaron nas asembleas deste venres a oferta económica presentada pola Xunta a semana pasada e aceptada por catro do sete sindicatos que integraban o comité de folga

 

Os funcionarios de xustiza de Ferrol rexeitaron nas asembleas deste venres a oferta económica presentada pola Xunta a semana pasada e aceptada por catro do sete sindicatos que integraban o comité de folga SPJ-USO, UXT, CISF e CC.OO.

En concreto, un total de 54 traballadores votaron non por 49 sis. Xunto a Ferrol, tamén rexeitaron a proposta os xulgados de Pontevedra, Vigo e Lugo, mentres que na Coruña, Ourense e Santiago venceu o si a aceptar a oferta e acabar xa coa folga. Con todo, os sindicatos convocantes da votación  denunciaron un terrible ataque ao dereitos e liberdades máis básicas dunha democracia.

Así, explicaron que durante toda a mañá, os membros destes sindicatos tentaron impedir coa súa actitude agresiva que a votación se realizase. Todos estes feitos están debidamente documentados con imaxes que indican que se puideron cometer numerosos delitos: coaccións, ameazas, insultos, danos materiais e incitación ao odio, entre outros, afirman os sindicatos partidarios do preacordo.

O exercicio de intolerancia que desde CUT, CIG e STAJ, non caben dentro dunha democracia. Tratar de impedir o lexítimo dereito fundamental ao voto, é en si mesmo dunha gravidade extrema. O ocorrido é escandaloso e non pode nin debe ser tolerado, dixeron.

Segundo o tres sindicatos que asinan o comunicado conxunto, Ferrol, Vigo, Pontevedra, A Coruña e Lugo foron as urbes máis afectadas por esta actitude máis propia dun réxime fascista que dunha democracia.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor