Os galios sitúanse no inicio do camiño

[ 01/02/2009 ] No futuro, os feitos seguramente se contarán así: “Aquel ano, vinte badaladas sacaron ao grupo anticipadamente daquela especie de cuarteis de inverno nos que se recollía durante os meses de maior rigor meteorolóxico. Os raios do sol eran aínda escasos e, os poucos que conseguían filtrarse entre as nubes, estaban faltos da consistencia necesaria para caldear, aínda que fose lixeiramente, o ambiente; sen embargo o sinal fora moi claro: vinte badaladas ‘procedentes de Roma’ anunciaban a lista de participantes para primeira, en orde cronolóxico, das tres grandes competicións do calendario ciclista mundial. Os ecos resoaron en todos os vales de Internet e a noticia estendeuse ao instante por todo o orbe. O mundo soubo entón que os nosos foran incluídos na relación de participantes.

Concentración 2009
Concentración 2009

Cami?o de Santiago
Camiño de Santiago

Cami?o de Santiago
Camiño de Santiago

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Cami?o de Santiago
Camiño de Santiago

Cami?o de Santiago
Camiño de Santiago

Cami?o de Santiago
Camiño de Santiago

Cami?o de Santiago
Camiño de Santiago

Concentración 2009
Concentración 2009

Concentración 2009
Concentración 2009

Cami?o de Santiago
Camiño de Santiago

Nese momento percibiron o gran honor e a alta responsabilidade que supoñía aquel convite; sen embargo, apenas se inmutaron. Nada cambiaba no esencial para eles. Botando a vista atrás, ollaban rostros embarrados e cellas cubertas de neve, avanzando sobre océanos de chuvia e de vento cunha fe e unha confianza inquebrantables. Por diante divisaban un obstáculo tras outro ata a gran cita sinalada, pero o camiño non se detiña, seguía máis aló. Iso, lonxe de desalentalos, elevou o seu ánimo. Cada cousa debía chegar ao seu tempo, sen precipitacións, pero en certo modo empezaban a sentir un fervoroso desexo de entrar en contenda.

Mentres se sacudían de enriba pausadamente aquel sopor invernal, empezaron a advertir que non eran os mesmos, que cambiaran, aínda sen saber con exactitude o motivo desa transformación. Había unha seguridade e unha confianza inusual neles, incluso nos chegados por primeira vez ao grupo. Si, ao grupo! O grupo eran todos: os que ían en bicicleta e os que estaban na súa contorna auxiliándoos, sabedores ao cen por cen de que o compromiso ten que ser unánime; do contrario non poderían aspirar a ser ‘o mellor equipo do mundo’. É difícil facer dun conxunto de sensibilidades heteroxéneas un bloque compacto. Pero aquel grupo humano estaba camiño de conseguilo. O seu lema era: axuda a ser mellor ao teu compañeiro e terás detrás todo un equipo intentado facerte mellor a ti! Ben botasen a vista ao pasado recente, ben mirasen cara o futuro, sempre se atopaban con rostros embarrados e cellas cubertas de neve, avanzando decididos sobre océanos de chuvia e de vento cunha fe e unha confianza inquebrantables. Máis lentos, máis rápidos, máis exhaustos, máis alegres… pero avanzando sempre ferreamente unidos.

Isto non o explicaba todo. A súa fortaleza podía provir de aí, pero só en parte. O seu caudal de vigor era moi grande para ter un só manancial de procedencia. Entón ollaron para diante, para o camiño, e o que antes eran obstáculos, agora víronos como estados emocionais de distinta intensidade. A maior dificultade, a maior esforzo, máis emoción e gratificación. E viron máis: a xente apiñábase aos lados de camiño, berráballes e animábaos; máis que iso, a xente os seguía.

Por este detalle souberon que estaban no inicio do longo camiño ao ¡¡corazón do Territorio Galio!! Atopábanse a piques de emprender a ansiada viaxe por un fabuloso terreo de emocións practicamente inexplorado, cunha multitudinaria lexión de galios (entenderase mellor o termo repasando a “prehistoria dos galios”) á súa beira. Eran conscientes de que na aventura terían que empeñar as forzas, a capacidade de sacrificio, a vontade, a intelixencia, a astucia… todo menos a dignidade e a honra persoal, porque esta última vía é posible que conduza a algures, pero nunca ao corazón do Territorio Galio”. Nestes ou similares termos relatarase o principio da historia.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Non fai falta dicir que o inverno finalizou definitivamente para o Xacobeo Galicia, que esta semana se pon en marcha para Mallorca e días despois seguirá rumbo á Toscana, en Italia, para participar no Giro di Grosseto.