Os médicos galegos irán á folga pola deterioración do Sergas

Os médicos galegos irán á folga pola deterioración do Sergas

Os médicos galegos, á folga pola deterioración do Sergas os días 11, 15 e 31 de outubro, 2 e 5 de novembro e 5, 7, 10 e 11 de decembro. A crise dos médicos en Galicia foi o que fixo convocar unha folga de 9 días consecutivos entre outubro e decembro co fin de que o

Os médicos galegos, á folga pola deterioración do Sergas os días 11, 15 e 31 de outubro, 2 e 5 de novembro e 5, 7, 10 e 11 de decembro.

A crise dos médicos en Galicia foi o que fixo convocar unha folga de 9 días consecutivos entre outubro e decembro co fin de que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo tome medidas  na sanidade pública galega.

A organización sindical Médicos de Galicia Independentes – Ou’Mega presentou a convocatoria de folga dos facultativos dependentes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) ante a “deterioración constante da súa calidade por falta de recursos materiais e humanos”.

Os médicos denuncian falta de recursos materiais e humanos, como ocorreu nun Punto de Atención Continuada (PAC) da Estrada, un paciente faleceu ao non recibir asistencia médica.

Os facultativos viron reducido o seu poder adquisitivo en máis dun 30% nos últimos anos
O secretario xeral de Ou´Mega, Manuel Rodríguez, anunciou as mobilizacións dos facultativos para os próximos meses e alertou que, á escaseza de medios, súmase que non se cobren as baixas e se sobrecarga de traballo aos profesionais médicos.

“A pretensión da Xunta é que sexan os traballadores sanitarios, en especial os seus facultativos, quen asuman, unha vez máis, o mantemento da asistencia sanitaria en parámetros que, dificilmente, sexan asumidos pola poboación”, asegurou Rodríguez Piñeiro.

A folga está convocada para o xoves 11, o luns 15 e o mércores 31 de outubro; para o venres 2 e o luns 5 de novembro; e para o mércores 5, o venres 7, o luns 10 e o martes 11 de decembro.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor