Os musulmáns están hoxe ante un día moi especial

Os musulmáns están hoxe ante un día moi especial

Hoxe 8 de xuño e probablemente o aniversario da morte do profeta Mahoma: 632 d.C. é marcado pola morte do profeta Mahoma O día 8 de xuño de 632 (d.C.) despois de Cristo é a data probable da morte de Mahoma, considerado polo Islamismo como o último profeta do Deus de Abraham. Nacido na Meca,

Hoxe 8 de xuño e probablemente o aniversario da morte do profeta Mahoma: 632 d.C. é marcado pola morte do profeta Mahoma

O día 8 de xuño de 632 (d.C.) despois de Cristo é a data probable da morte de Mahoma, considerado polo Islamismo como o último profeta do Deus de Abraham.

Nacido na Meca, Mahoma foi un mercader que realizaba longas viaxes á traballo. El tiña o hábito de retirarse para meditar nos montes preto de Meca. Conta a Historia que, en 610 DC , cando contaba con 40 anos, nun deses retiros espirituais, nunha das cavernas do monte Ira, Mahoma recibiu a visita do anxo Gabriel…

A aparición dos musulmáns comezou na comunidade galega, nos anos setenta, os primeiros que chegaron especialmente á cidade de Santiago son estudantes, a maioría deles son de oriente medio e poucos estudantes marroquís, viñeron para estudar na Universidade de Medicina. Na década do oitenta comezou o aumento do primeiro fluxo de marroquís no sector comercial. A principios dos anos noventa centráronse en cidades como Santiago, Vilaboa (Pontevedra) e Arteixo (Coruña). Deste xeito empezou a aparición das primeiras mesquitas na rexión de Galicia. Pero hai que esperar ata o século actual para falar dunha comunidade musulmá múltiple e diversa de todas as razas e etnias e así a aparición da segunda xeración e terceira dos descendentes dos primeiros inmigrantes.

Actualmente existen na comunidade de Galicia máis de vinte mil musulmáns, máis da metade deles son de orixe marroquí, os senegaleses veñen en segundo lugar. Debemos sinalar que case 2500 musulmáns son españois convertidos ao Islam. A comunidade musulmá comezou a organizase no marco das asociacións culturais e islámicas e creceu o número de mesquitas ata chegar a 27 mesquitas e centros.

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor