Os xestos rítmicos axudan a comprender unha lingua

Os xestos rítmicos axudan a comprender e aprender moito mellor unha lingua

Os xestos rítmicos e os movementos de mans e brazos mentres se fala axudan a comprender e lembrar mellor un idioma, tanto para unha primeira como para unha segunda lingua

 

Os xestos rítmicos e os movementos de mans e brazos mentres se fala axudan a comprender e lembrar mellor un idioma, tanto para unha primeira como para unha segunda lingua e tanto en adultos como en nenos, segundo dous estudos das universidades Pompeu Fabra (UPF), Oberta de Catalunya (UOC) e Autónoma de Barcelona (UAB).
As investigacións, que liderou Pilar Prieto, coordinadora do Grupo de Estudos de Prosodia e investigadora do Departamento de Tradución e Ciencias da Linguaxe da UPF, concluíron que os xestos rítmicos producidos de maneira natural favorecen a aprendizaxe do vocabulario.

Aínda que en estudos previos xa se demostrou que a comunicación non-verbal ou gestual favorece a aprendizaxe de palabras nunha segunda lingua, ata agora sabíase pouco sobre os beneficios potenciais de gesticular coas mans rítmicamente mentres se fala.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Un primeiro estudo, publicado na revista Language, Cognition and Neuroscience, con participación de investigadores da UOC e defendido como parte da tese de Olga Kushch, investigou a achega da prominencia prosódica (acento e entonación) e a prominencia visual (xestos rítmicos, movementos rítmicos de mans e brazos) na aprendizaxe de vocabulario dunha segunda lingua.
Para iso, pediron a 96 falantes nativos de orixe catalá que aprendesen dezaseis palabras rusas en catro posibles condicións obxecto de estudo: con presenza ou ausencia de prominencia prosódica no discurso, combinada coa presenza ou ausencia de prominencia gestual.
Os resultados deste estudo, en que participaron só adultos, indicaron que o efecto máis contundente na aprendizaxe de novas palabras nunha segunda lingua conseguíase cando se producían xestos rítmicos, é dicir, cando se combinaba a prominencia prosódica e a gestual.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta